Onte 166: Calefacción

Comparto o tuiteo de Juan Cruz: «Impresiona que todo comezase porque os rapaces tivesen frío». En efecto, convén lembrar que o conflito do Instituto Luis Vives de Valencia tivo a súa orixe nunha reivindicación da súa comunidade educativa en defensa da educación pública, apenas a solicitude de fondos para a calefacción do centro. A iniciativa dos estudantes de Secundaria e Bacharelato, que acudiron ao instituto con mantas e días despois se mobilizaron na rúa contra os retallazos educativos, convertiuse para a Delegación do Goberno nun grave problema de orde público. A actuación policial de onte, absolutamente desproporcionada, no contexto das medidas de axuste fiscal e de dura reforma laboral, amosa que o Goberno Rajoy está decidido a demostrar a súa autoridade na rúa, promovendo o medo nunha sociedade xa abondo amedrentada. Desque Rajoy goberna sigo con maior interese a prensa internacional xa que axuda a interpretar o que aquí sucede con maior obxectividade. Ben sería que se reflexionase devagariño sobre as consecuencias de semellante estratexia preventiva. Onte acendeuse en Valencia unha faísca que pode provocar un incendio de dimensións considerables nunha sociedade cada vez máis desigual. Os estudantes valencianos anuncian que se manifestarán con libros, o símbolo da educación e a tolerancia que tanto precisamos.

2 comentarios
  1. AC
    AC Dice:

    D Manuel, a foto, moi bonita , diria casi k de “pulizzer”. Por desgraza, de estas fotos quedan moitas, imos cara Grecia sin remision. Estamos enfermos (na ruina) e non keremos as mediciñas.Mal asunto

    Responder
  2. Maeloc
    Maeloc Dice:

    ¿Mediciña? Máis ben “jarabe de palo”, quixen dicir de porra. Os grises, perdón, os azuis esmeráronse no seu “traballo” e quentaron os rapaces sen gastar a comunidade Valenciana, a máis endebedada do Estado, unha cadela en calefacción. A isto chámaselle verdadeira eficiencia policial ou dous por un.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Maeloc Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *