Onte 1626: A corrupción financeira por Camilleri
Dentro do amplísimo catálogo de Andrea Camilleri, ademais das dúas ducias novelas negras protagonizadas polo comisario Montalbano e ambientadas na cidade imaxinaria de Vigàta, publicadas por Salamandra, cómpre non esquecer outras obras non menos interesantes publicadas por Destino na súa veterana colección Áncora y Delfín. Este é o caso de obras mestras da comedia como La concesión del teléfono ou La ópera de Vigàta ou thriller tan desacougantes como a recente El caso Santamarina, onde aborda o sofisticado entramado da corrupción. Mauro Assante, un rigoroso supervisor de entidades bancarias italianas recibe o encargo de preparar un informe confidencial sobre a situación da Banca Santamaria. Na súa vida de ordenado funcionario aparecerán entón situacións imprevistas e irrumpirán personaxes descoñecidas que acabarán por intimidalo até refacerlle a vida enteira. A mestría narrativa do siciliano permítelle tecer unha trama moi emotiva sobre os abusos do poder financeiro sobre o propio estado. Unha novela sobre a corrupción que non deixa fendas para a esperanza.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir