Onte 153: A proeza da Editorial Cíes
José Ballesta, director e guionista dunha longometraxe documental de próxima estrea sobre Marcial Lafuente Estefanía, achegoume novos datos sobre a proeza da viguesa editorial Cíes. A editora de Eugenio Barrientos López, situada na Libraría Tetilla da rúa Elduayen, entre 1941 e 1958 desenvolveu un catálogo de arredor 1.500 títulos, estimándose que puido chegar a publicar SEIS MILLÓNS de exemplares das súas novelas populares de xénero romántico e de vaqueiros. Barrientos, un auténtico xenio da edición, aínda non recoñecido, foi o inventor en España, en 1945, do formato da novela de peto («bolsilibro») e dun curioso sistema de distribución por kioscos, no que tanto se vendían como se prestaban os libros. Foron as dúas coleccións de novelas de «pulp fiction» as de maior éxito de Cíes, tanto a primeira, «Biblioteca X» (200 títulos), como a segunda, «Rodeo» (800 títulos), nas que publicaron os seus dous principais novelistas : Marcial Lafuente Estefanía e Fidel Prado (un letrista notable de cuplés). Os libros de Cíes concebíanse en Vigo (onde MLE viviu e escribiu de 1943 a 1951), as xeitosas portadas a cor preparábanas en Barcelona os ilustradores Moreno e Tomás Porto, eran impresos en Bilbao por Artes Gráficas Grijelmo e, finalmente, distribuídos para toda a España dende o almaceniño de Elduayen onde un encargado e dúas rapazas facían os paquetes que se envían por correos. Un incrible modelo de edición popular periférica en tempos de dura posguerra. Cíes solicitaba escritores en anuncios nos principais xornais de España e anunciábase baixo o lema: «Editorial Cíes. Creadores de rotundos éxitos». Sobre a experiencia de Cíes e sobre a apaixonante biografía da súa estrela, Marcial Lafuente Estefanía, volverá Ballesta nun libro que está escribindo. A memoria de Barrientos e MLE debe ser recuperada.
Eu lin algunhas destas novelas, xa moi velliñas, alugadas no quisoco de “Aurorita” por 25 céntimos (de peseta!) e por tres días, en 1960.
infraliteratura
Se o franquismo foi noxento, foi tamén por literatura como esa. Paréceme insultante dicir que esta memoria debe ser recuperada. Ainda que nada me estrana xa dun elemento como Manuel Bragado.
Xa tamos faltando a o respecto, ¿k e eso de “elemento”?. D. Manuel, fala de literatura (a boa a mala e a regular), e como persoa libre k é ( k somos), falará e escribirá do k lle pete. ¿Ou non?. K poukiña educacion hai, k poukiña.
Como está o patio…así que a literatura “low cost” non é literatura, pois Vueling debe usar as cabazas da fada de Brancaneves para viaxar ata London…
E, por outra banda, vou buscar ao Bragado na TP, pois debe ser o átomo 113 e aínda non nos decatamos…