Onte 1443: O doutor dos microscopios
Coñecín onte nun xantar ao doutor Tomás Camacho, director do laboratorio Lema e Bandín, toxicólogo de prestixio internacional e coleccionista de microscopios. Fascinoume o relato que nos fixo da súa última adquisición en Ebay, o microscopio de Leeuwenhoek. Unha historia rocambolesca e divertida, dende a súa aparición enterrado nas canles de Delf, a cidade do pintor Veermer e de Antonni van Leeuwenhoek, microbiólogo e inventor no século XVII dun microscopio de até 300 aumentos do tamaño dun maimiño, até a participación desta valiosísima peza na exposición que a UNESCO abriu estes días en París con motivo do Ano Internacional da Luz. Sorprende que a colección de Camacho, máis de duascentas pezas, non teña aínda acomodo nalgunha institución museística en Galicia, cando as súas pezas viaxan a Qatar ou a diversoas cidades europeas e norteamericanas. O caso de Camacho, tamén colaborador desde Vigo dalgún proxecto da NASA, non é estraño nun país onde non se recoñece aínda o valor dos seus científicos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir