Onte 1359: Aprendizaxe cooperativa
Recibín onte unha moi valiosa información, enviada polo meu vello amigo Xosé Ramón Lago, profesor da Universidade de Vic, sobre a celebración no IES Politécnico de Vigo, os días 1 e 2 de xullo, do Simposio bienal de Khelidôn, a rede de centros para a aprendizaxe cooperativa. Nacida na Universidade de Vic a partir do seu programa «Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar», hoxe a rede está formada por centros educativos e profesionais da educación de diversas comunidades autónomas, que comparten un modelo de escola baseada na inclusión de todo o alumnado e nos valores da cooperación, o respecto polas diferencias, a convivencia, o diálogo e a democracia. Esta decidida opción pola escola inclusiva e pola ensino e aprendizaxe en equipo supón tamén unha aposta a prol da creación de estruturas docentes de cooperación e, en xeral, de toda a actividade educativa desenvolvida tanto fóra como dentro da aula. Aquí pode baixarse o programa deste interesantísimo Simposio e aquí da presentación da rede Khelidôn, cuxo nome homenaxea ás andoriñas que cooperan na alimentación de cada niñada.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir