Onte 1325: Baixa de «El País»
Démonos de baixa como suscritores de El País. Tras o peche das dúas páxinas de Galicia e o cese das «Últimas» dos sábados de Manuel Rivas xa non hai razón ningunha para continuar apoiando o xornal de Cebrián. Unha decepción! Durante décadas nas páxinas de El País seguimos o fío do tempo contemporáneo e de moitos dos seus debates políticos, sociais e culturais. Os oito anos da edición de Galicia, dirixida por Xosé Hermida, foron un exercicio de xornalismo honesto, liberdade de expresión e información veraz. As páxinas dos venres de «Luzes» foron un fito da nosa información cultural. Como algunhas informacións políticas e económicas funcionaron coma esa pedriña tan molesta na zoca do poder. A de El País de Galicia foi outra ilusión malograda, outra batalla perdida pola cidadanía galega, á que libraron con afouteza os profesionais que reinventaron a fantasía do xornal independente cada día. O noso recoñecemento e solidariedade para eles.
¡¡¡¡¡¡ Ainda aguantaches ben !!!!
Tamén se publicou en “El Correo Gallego”. Ningún dos medios sinala a compañía en que está asegurada a lingua.