Onte 1225: San Brais
Poucas festas expresan mellor que o San Brais de Bembrive o carácter popular do Vigo en bisbarra. Entre os milleiros de romeiros, onte acudiron alí os candidatos á alcaldía para ser fotografados entre bombos, tazas, chourizos e cacheiras. Non faltou Elena Muñoz, que recoñeceu saber da importancia da festa, nin o alcalde Caballero que noutro alarde do seu fachendoso viguismo declarou que acudía a San Brais «dende hai máis de vinte anos». Veteranía. Ben sei que semellante entusiasmo polo patrón dos otorrinos, celebrado cada 3 de febreiro, dende o século XVII nesta parroquia do Fragoso, coincidindo cando medio inverno xa vai fóra, increméntase notablemente en ano electoral, cando as gorxas dos políticos están máis castigadas. Mágoa dos que quedamos a traballar en Vigo e non puidemos gozar nos furanchos da xoldra e das enchentes larpeiras de cocidos e orellas. Outro san Braís será!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir