Onte 1185: «Personas en general»

caritas_coruñaO comportamento racista dos responsables do roupeiro da delegación de Cáritas da Coruña é un síntoma da pervivencia deste tipo de prácticas discriminatorias na sociedade nosa. O feito de diferenciar no funcionamento e organización do roupeiro entre «personas en general» e «gitanos», como a delegación de Cáritas da Coruña ven facendo dende hai quince anos, vulnera a dignidade das persoas e constitúe unha práctica inadmisible, como sería calquera outra que discriminase aos usuarios e usuarias dun servizo polo seu sexo, raza, lingua ou procedencia xeográfica. Comportamentos e expresións racistas sintomáticas, que aparecen entre nós con facilidade, o que nos obriga a mantérmonos a espreita para denuncialas e para propór comportamentos e medidas verdadeiramente inclusivas. Xaora, cómpre recoñecer a rapidez coa que Cáritas expresou a súa repulsa e incompatiblidade con estes comportamentos por medio dun contundente comunicado. Como tamén é de xustiza recoñecer o apoio da Igrexa Católica á Fundación Secretariado Xitano, sobre todo no eido educativo e da infancia, que ven traballando de forma moi seria en políticas inclusivas e de desenvolvemento do pobo xitano dende unha perspectiva intercultural. Non esquezamos que a e construción dunha sociedade inclusiva e igualitaria é unha tarefa complexa que a todos atinxe.

1 comentario
  1. ruben
    ruben Dice:

    Apostaria a que a persoa que redactou eso leva anos traballando duro e desintetesadamente en favor dos colectivos mais desprotexidos, coma poden ser os xitanos. A redacción e moi torpe, pero gustariame saber qué fixeron na sua vida polos xitanos os que agora tanto se escandalizan.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a ruben Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *