Onte 1129: A «Escarlatina» de Ledicia Costas
Tras a primeira presentación, creo que cómpre cualificar Escarlatina, a cociñeira defunta, o premio Merlín 2014, como unha das obras da literatura infantil en galego máis importantes dos últimos tempos. Dígoo non só por que Ledicia Costas escollese un formato orixinal, a dunha historia de humor macabro para lectores novos, ou por asumir os riscos de introducir o mundo da cociña nun texto de ficción, dos que xa existían antecedentes en Roald Dahl ou en Tim Burton. Dígoo, sobre todo, pola sutileza coa que aborda un tema complexo, a relación do protagonista coa morte tras o falecemento do avó. Tras a visita ao Inframundo, unha representación da memoria familiar, e o seu regreso, despois de compartir unha aventura co avó, Román non só conseguiu facer o seu primeiro libro de larpeiradas, tamén sabe do auténtico valor da vida. A de Costas é unha novela que nace coa vocación dun clásico infantil contemporáneo. Aventuro que será un libro que dará moitas satisfaccións á autora e a lix galega. Recoméndoo, tamen, ao lectorado adulto.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir