Onte 1117: No Pelouro

Volvín ao Pelouro, a escola de Caldelas, o soño educativo de Juan Llauder e Teresa Ubeira. Participei na asemblea, na que cada alumno asume o seu proxecto para a xornada. Vivín a forza luminosa que comuncia Teresa en cada canción e cada palabra pronunciada con sentido escénico dun acto que sabe marcante para cada un dos participantes. Vivín unhas horas nas aulas de primaria, talleres cheos de libros impresos (22.000 en todo o centro), utilizados para a recollida de información para os proxectos e para a confección dos mapas mentais. Visitei a escola infantil, organizada por recantos de actividade. Despois, Teresa levoume a Abadía. Alí faloume con entusiasmo do seu compromiso co espírito da ILE, que lle inculcou o seu pai, Manuel Ubeira, mestre galeguista da escola de Matamá. No Pelouro a educación é emoción e procura de sentido. Dende hai catro décadas esta escola vai por diante, rachando tópicos e rotinas, abrindo vieiros de experimentación e investigación para unha educación integral e inclusiva, para todos e todas, sen excepcion, compartida por alumnado de altas capacidades, autistas severos ou con sindrome de down. «Esta é unha escola intelixente onde aprende só o neno diverso» oínlles cantar na asemblea. Abofé. Volveremos.

1 comentario
  1. Luis Otero
    Luis Otero Dice:

    Só estiven no Pelouro unha vez hai trinta anos acompañando a Fabricio Caivano nunha das súas visitas á Escola de Vrán. Quedei abraiado coa coherente radicalidade do que ali se facía. Ao lado de tantas inercias é una ledicia saber que hai cousas que siguen tan vivas.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Luis Otero Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará