Onte 1214: Antolóxica de Mantecón
Quedei moi contento do éxito rotundo da inauguración onte da exposición de Francisco Mantecón. Máis dun cento de admiradores do grande pintor racionalista vigués acompañamos entusiasmados aos comisarios desta antolóxica pictórica, Alberto González Alegre e Ángel Cerviño, no seu percorrido didáctico polas salas do Marco. Noventa pezas, correspondentes en case a súa totalidade a unha cerna creativa caracterizada por unha calculada exploración xeométrica, organizadas na planta baixa do museo por secuencias e ritmos gráficos de cor, ao xeito dunha peza jazzística. Un grande acerto de ambos os dous comisarios capaces de entender na maior profundidade a poética dun artista de espírito transgresor, «un verso libre da xeración Atlántica», que xa hai tempo merecía unha antolóxica da súa obra como pintor. Tempo haberá de presentar o seu traballo, tamén extraordinario, como deseñador gráfico, con especial atención ao mundo da edición en lingua galega, á que contribuíu a modernizar. Volveremos sobre esta exposición que deixa fonda pegada emotiva, a pesar da súa aparente frialdade e limpeza primixenia.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir