Onte 1008: Culturgal 2014 en marcha
Presentamos onte no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal 2014, que celebraremos alí do 5 ao 7 de decembro. A ampliación do perímetro de Culturgal,coa incorporación de novos expositores, disciplinas (singularmente a cultura gastronómica), públicos e a ocupación de todos os espazos do recinto; a constitución dun foro de encontro de creadores de todas as disciplinas, así como a procura dun modelo económico sostible para a feira, na que é imprescindible para a súa viabilidade a corresponsabilidade dos públicos e os patrocinios privados son os principais obxectivos que nos sinalamos os organizadores para esta edición. A obriga de Culturgal é todas as edicións sorprender,innovar e visibilizar os produtos e servizos das industriais culturais galegas en todos os seus eidos. Eis un proxecto ilusionante no que contribuiremos co noso esforozo.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir