O portugués e o galego

Jaureguizar participa na polémica sobre as relacións entre o portugués o galego, suscitada en Periférica tras a publicación o mes pasado do adianto da novela de Rivas. Que dous intelectuais portugueses debatan con argumentos poderosos sobre a nosa lingua é unha magnífica noticia. Amosa que, afortunadamente, son cada día máis as persoas interesadas en Portugal pola lingua e cultura galegas.
Agardamos impacientes os comentarios de Jaure, que nestes días anda predicando en universidades portuguesas do norte, sobre as relacións entre o portugués e o galego.
2 comentarios
  1. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Si, ese debate ten altura e educación. Non coma o que se está dando no Portal Galego da Lingua, onde hai uns poucos que se erixiron na Garda Suíza do reintegracionismo. A maioría non concorda con eles, que quede claro. Pero, Brétemas, vostede que ten amigos en Xerais, debería mirar o debate ‘As relacións entre as literaturas galega e portuguesas’ porque non hai soamente para un seguro servidor, tamén hai para a editora “regional espanhola”

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Ben vin ese comentario, atribuíble á ignorancia (non sei se interesada) sobre a nosa realidade editorial, case idéntica a que manteñen sectores reintegracionistas sobre a portuguesa. A pesar da altura do debate de Periférica, existen moitos prexuízos sobre a realidade cultural galega. Ven máis para Madrid (abonda con consultar algúns blos portugueses, que seguen as novidades en castelán mellor ca nós) que para arriba do río grande.

Los comentarios están desactivados.