O estado da lingua
Recomendo a lectura destas dúas anotacións de alema sobre o estado da lingua. A primeira é a entrevista con Mauro Fernández, o catedrático de lingüística xeral da Universidade da Coruña, que defende que se está produncindo unha estabilización no galego. A segunda á que fai referencia ao estudo máis recente do Observatorio da Lingua Galega, que achega datos máis actuais cos do MSG (2004) sobre a situación do galego con entrevistas feitas en 2007. Repasando as táboas deste estudo, conclúese que (canto menos hai apenas dous anos) a actitude positiva cara ao galego era claramente maioritaria entre a poboación galega, ao tempo que estas porcentaxes diminuían nos entornos urbanos, na xente nova e nos entornos sociais con maior poder adquisitivo.
As dúas anotacións amosan síntomas preocupantes sobre o estado da lingua, mais tamén, sinais para a esperanza, sempre que se actúe con intelixencia sobre eles. Ás portas da decisión que sobre o futuro do decreto do fomento do galego no sistema educativo poida tomar o novo goberno, non debemos de perder a perspectiva (entre o lusco e fusco) que proporcionan estes datos nin o sentidiño e a responsabilidade na defensa dunha lingua que é de todos sen excepción (cuestión vital para desmontar as argumentacións falsas arredor da «imposición del gallego»). Reitero o agradecemento a alema por estas excelentes anotacións.
Tamén é moi recomendable o número 161 da revista Encrucillada (xaneiro-febreiro de 2009) dedicado á lingua, onde aparece «A lingua en Galicia», un traballo fulcral de dezasete páxinas que preparou Agustín Fernández Paz. Este artigo paréceme de lectura obrigada. Pagaría a pena poder distribuílo na rede como recurso didáctico e argumentario para desmontar tantos prexuízos e falsidades que os galegófobos están promovendo.
Ola! Cando envíe esta mensaxe, saio para me facer con ese número de Encrucillada para ver o traballo do Agustín, que estou certo que será extraordinario.
Se non fica moi mal facer autobombo e se me desculpa nesta ocasión, indico que acabo de actualizar o meu blog entrando de novo neste debate sobre o Mapa Sociolingüístico.
A respecto do estudo do Observatorio da Lingua Galega, síntoo polos datos tan optimistas, mais non me parecen moi rigorosos. Ao respecto fixen un artigo (autobombo 2, o cal sei que é abusar) hai algúns meses: http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1205
Por exemplo, para medir a galeguización do ensino desde este Observatorio creado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística non preguntaban sobre a lingua da docencia, co cal lle daba un “índice de normalización lingüística” das universidades do 72%, mentres os propios centros de ensino superior recoñecen uns niveis mínimos de ensino-aprendizaxe neste noso idioma.
Unha forte e animosa aperta!
Tienen ustedes razón.
Efectivamente, antes del año 2007 la excelente política lingüística de la era Fraga ya había comenzado a dar sus frutos, hayándose el gallego en la cumbre de su buena fortuna.
Eso demuestra cuan equivocados estaban los que reclamaron y apoyaron la promulgación del nuevo decreto de gallegización de la enseñanza (osease, de imposición del gallego). Era una medida no sólo innecesaria, sinó contraproducente, pues como bien se desprende de las insinuaciones de alema eso sólo creó malestar y desapego entre los gallegos, favoreciendo la aparición de GB y del conflito linguistico. Creando animadversión en lugar de amor hacia la lengua de nuestros abuelos y aldeanos.
Por el bien del gallego que se derrogue el decreto cuanto antes! (jesús, y ya no hablemos de las Galescolas). Y los que apoyaron tales barbaridades que hagan autocrítica. Y que dimitán (y el que no tenga cargo del que dimitir, por lo menos que se flagele en casita tres días a la semana).
He dicho.
Antón (perdón, Antonio)
graciñas polas túas palabras antes de nada, brétemas
escribo este comentario coa sensación de que estamos a ser un pouco manipulados co tema da lingua. leo con avidez o que escriben uns e outros arredor deste tema e creo que empeza a ser un pouco de tolos. agora resulta que TAMPOUCO o observatorio da lingua galega, encargado pola secretaría xeral de política lingüística, é fiable, segundo nos comenta o amigo callón. uns que din que o galego está “no peor momento da súa historia”, outros din que non é para tanto. de quen fiarnos?
a miña tese é: hai moitas cousas para mellorar (pero moitas, moitas) pero isto tampouco é o super-mega-drama que nos venden
non se preocupe Antón/Antonio
aquí todos teñen que facer autocrítica
TO-DOS
desde o PP ata Nós-UP pasando por todo o que hai no medio
lamentable espectáculo arredor da lingua!
a ver se o superamos
Ten razon “alema”, isto xa esta a convertirse en un culebron.Cada un fala da feira segun lle vai en ela, ou segun lle interese, ou segun lle cadre.Eu cansome de repetir k o galego vai seguir vivo, nunca tanto se estudiou como se estudia agora.Outrosi digo k tamen conta a “globalizacion” da sociedade .A xente de agora xa non e a do seculo pasado. A xente de agora fala mais idiomas, estamos mais abertos a o mundo, e co internet, xa e o maximo
alema,
El estudio que usted cita indica que casi el 50 % de los padres les hablan “sólo en gallego” a sus hijos, que el grado de normalización lingüística en la enseñanza secundaria es del 80 % y en las universidades del 70%.
Sólo desde la mala fe se puede dudar de la fiabilidad y rigor de este estudio.
(Por cierto, de un órgao independiente. ¿Qué interés puede tener la SXPL en ofrecer estudios que concluyan que está haciendo bien su trabajo?).
Antón / Antonio
Canto non daba por estar nun Hai Debate con toda esta tropa 🙂
antón
os datos do observatorio son do 2007
é dicir
de UN ano despois da chegada do bipartito ao poder
vostede cre que non ano se pode valorar o froito das políticas lingüísticas a eses niveis?
e si
hai moitas persoas no rural, e de idade avanzada, que lles falan aos fillos en galego
iso seguro que explica a cifra do 50% de “só galego” aos fillos.
en canto aos niveis de normalización en institutos e universidades, descoñezo os parámetros de análise… pero por que había de enganarme a Xunta? que interese pode ter en enganar a cidadanía? ao fin e o cabo, eses son datos que se corresponderían en gran parte co traballo dos gobernos do PP, non?
Nin o bipartito chegou ao poder en 2006 nin a metade dos galegos viven no rural… os datos de alema tampouco son fiables 🙂
Con respecto á honestidade e obxectividade dos gobernos e das enquisas que promoven, estou tan emocionado coa túa candidez que non serei eu quen che quite a venda dos ollos. Sería como esta mala xente que se divirte contándolle aos picariños que os reis magos non existen e que os agasallos llos mecan os pais…
Saúde, Antón
el castellano del tal antonio da pavor.
no al bilingüismo. fuera el inglés de las escuelas.