Momento para decidir
No artigo da semana reflexiono sobre o momento decisivo que supón a reunión do vindeiro mércores. Creo que do resultado desa xuntanza dependerá o futuro do novo Estatuto de Galicia. Entendo que nunca houbo tantas posibilidades obxectivas de éxito, mais tamén hai moitas circunstancias e intereses que poden impedir que teñamos reforma nesta lexislatura.
A historia de Galiza está chea de oportunidades que, por uns motivos ou outros, non fomos capaces de atinxir. Teremos desta volta a altura de miras para a conseguir? O noso pesado pasado volverá unha vez máis condicionar o noso futuro? Agora xogámonos moito. Por unha vez, agardo que saibamos dar un paso á fronte e collamos as rendas do noso presente e futuro.