Marruchos e outras larpeiradas
Como no podía ser doutra maneira, neste luns de Entroido dedicamos aos marruchos e outras larpeiradas o artigo de Faro de Vigo.
Como no podía ser doutra maneira, neste luns de Entroido dedicamos aos marruchos e outras larpeiradas o artigo de Faro de Vigo.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Interesante artigo, k non todona vida a ser politica.
As filloas da festa de Lestedo son de filloeiro, inda que por alí fanse tamén á pedra, seino porque son da Bandeira (Silleda), onde tamén hai Xenerais do Ulla e compartimos outras particularidades entroidescas cos entroidos onde hai xenerais coma os de Lestedo. Aquí as filloas, cando son da pedra, non se comen só de postre, senón que se serven co cocido no canto de pan. Tamén é moi típico comer un chourizo, asado coas brasas de quecer a pedra, envolto nunha filloa, coma un kebab. Así mesmo está moi boa con un cacho de cacheira polo medio. Sobre isto tamén ten escrito Ferrín no propio Faro algún artigo no que comentaba que Castelao en Nova Iorq gostaba de ir a un restaurante chinés (de chineses do sul) onde poñían unha especie de filloas acompañando á comida. Como lle recordaba o cocido que comía na casa dos sogros, na Estrada.