Himno polémico
Inevitablemente, no artigo da semana propoño unha reflexión sobre a polémica interpretación do himno galego nos actos de conmemoración do vinte e cinco aniversario do Parlamento. Adianto que non comparto a iniciativa unilateral da presidenta (non era para min nin o lugar nin o momento nin a circuntancia axeitada para esta fusión) nin tampouco os termos que emprega para criticala o voceiro do BNG (o flamenco, ou calquera outra expresión da música popular, non pode ser considerado nunca como un ataque a nosa cultura). Unha mágoa.
O simbolo é un signo pregnante, o simbolo actua recuperando, modificando, instaurando sentido, e refirese sempre a cuestións sensibeis convencionais e colectivas,lugares en vez dos que está. O sentido nunca está dado dunha vez e para sempre, salvo no mito, e como hai tantos séculos que non vivimos nel, a producción de sentido é unha das actividades básicas coas que construimos a nosas identidades personais e colectivas. Os simbolos emerxen desa necesiedade de significar o importante, o que debe perdurar porque encerra algún valor, por eso os simbolos son tan importantes, e son capaces de movilizar masas, de desatar euforias ou dirixir a latencias acumuladas durante anos. Ese poder dos simbolos precisa dun saber para manipulalos, non se poden deixar ao capricho de calquera. Dolores Vilariño, púxose a manipular os poderosos simbolos, coa lixeireza propria dunha inconsciente aprendiz de Meiga. Pero o peor son as sua respostas as protestas nacionalistas, calificandoos de ignorantes. Mal talante… mal talante, desta señora que se perde na estética política cando fai xa tanto tempo que se tenta o cntrario: unha politica da estética, é dicir, que a politica faga inviabel o desenvolvimento de concepcións estéticamente autoritarias. A estética, tamén debe de estar suxeita ao consenso político, ou do contrario a estética confundirase coa propaganda favorecendo os plantexamentos mais autoritarios.
Nesta ocasión, hai que salientar o comedido comportamento dos nacionalistas,e pola contra curarse en saude da demagoxia que ocultandose no respeto a hibridación e as diferencias difunden a ideoloxia do todo vale, negan os limites comunitarios, e esquecen o dereito democratico a disentir, sobre todo en cuestións tan delicadas e emocionais como son simbolos. A señora Vilariño, debeu por sensibilidade estética e política comunicar os contidos da organización deste evento aos seus socio de goberno para que colaboransen ou mostrasen as súas diferencias. A imaxe que deu este lamentabel asunto é o de que gobernan dous, pero uns gobernan mais que outros.
LP
Quixera que alguén me explicara onde está o flamenco nesta interpretación do himno galego.
Eu só escoito ao cantante cantando o himno tal é como é, coa melodía do himno acompañado á guitarra. Non escoito nin sequera unha versión aflamencada.
E, de tódolos xeitos, non me parecería mal unha versión adaptada ao flamenco. Con acordes propios do flamenco, ou encaixada nunha forma típica do flamenco… Pero non se dá ningún destes casos.
Se o himno fose interpretado por un grupo de música africana, ou basca ou palestina… por poñer algún caso, non se desataría esta polémica absurda e estúpida.
Ademáis os intérpretes tamén son galegos. Quero dicir que tamén hai galegos que se dedican a tocar flamenco. Que ocorre? Son menos galegos?
Aínda que fixeran unha versión do himno por soleá (moi seguramente sería unha moi interesante proposta) non estarían atentando contra ningunha parte da esencia, da cultura galega. Hai casos moito máis flagrantes nos que se están apartando as formas galegas por formas alleas. E non pasa nada, ninguén di nada. Incluso se ven beneficiadas de subencións millonarias por parte dos distintos gobernos galegos.
E por último, sempre sae este pensamento: Existen milleiros de razóns polas que protestar de verdade, existen moreas de cousas por facer que se quedan no limbo por culpa de tanta polémica pseudo-galeguista e tremendamente estúpida.
Non creo que en Andalucía, por poñer un exemplo, lles dera por cantar a seu himno como unha muiñeira.
Pero os galegos sempre estamos a dar a nota.
No flamenco existen formas que eles mesmos din que proveñen de Galicia.
Vou por un exemplo…
No cd de Oscar Herrero, guitarrista flamenco, no seu cd Hechizo, conta con nada menos que con Budiño… tocando a gaita… nun tema que non desentona nada de nada…
https://www.flamenco-world.com/tienda/shop.php?&op_shop=show&id_prod=1334&id_cat=
E que importa o que fagan os andaluces? De feito, non creo que os andaluces acudiran ao flamenco para facer nada… en todo caso unha sevillana da Pantoja ou da María del Monte… que pouco teñen que ver co flamenco.
O que máis me interesou da reacción do BNG (aínda que estou seguro que non chegará o sangue ao rio, porque en todas partes cocen fabas) foi o de pedirlle a Lola Villarino as facturas dos fastos do 25 aniversario. Coñecendo a traxectoria deste personaxe en Vigo (affaire da urbanización de Rosalía de Castro, saneamento…) seguro que da análise das facturas da finalidade do gasto e dos procedementos de contratación, tiraríamos interesantísimas conclusións, en flamenco ou en calquera das fusións que se nos ocorran.
Aínda que persoalmente dáme igoal o ca guitarra e o da gaita, a Villarino rezuma autoxenreira dende sempre, a mires por onde a mires.
Animemos aos do BNG para que tiren da manta e coñezamos todos as contas da oportuna efemérides.
Repaso os orzamentos do Parlamento de Galicia para 2007 e vexo que aínda non escarmentaron. No programa 226 do Servizo “Parlamento”, baixo o epígrafe “Gastos diversos” orzaméntase a frioleira de 1.160.458 euros así desgolosados:
GASTOS DIVERSOS
01 ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS 291.320
02 PUBLICIDADE E PROPAGANDA 41.320
06 REUNIÓNS, CONFERENCIAS E CURSOS 41.320
08 COBERTURA INFORMATIVA 95.498
09 OUTROS 700.000
TOTAL 1.169.458
Se comezan tragando con isto, que logo non pidan as facturas.
Se cantase Plácido Domingo … non habería problema. Se o fixese unha coral subsahariana .. non habería problema. ¿Por que? Porque non estamos falando de musica senon de política.
Quintana, Aymerich, etc.. teñen que demostar que ninguén é máis nacionalista ca eles despois da última Asemblea. Están enguedellados, teñen que botar peito tódolos días do ano, a todas horas.
Flamenco / xitano/ España / moros… forman parte do imaxinario xenófobo que ten o nacionalismo galego- sintoo pero teno, ver Sempre en Galiza por exemplo- e que mesmo esta espallado por toda a sociedade. Ata o PP podía protestar desde o seu “galeguismo” autentico. ¿ e como quedarian quintana, aymerich, paco r., etc…?.
Non podian queda calados, non habería máis nobres cabaleiros defendedo o himno mancillado. Así que pedimos facturas, presentamos inciativas( pra que?, pra establecer con que instrumentos se pode interpreta-lo himno e con cais non?).
O triste e que se cumprirá a máxima de que os esforzos inútiles conducen á melancolía, pois sempre haberá alguén máis nacionalista, alguén máis a esquerda..
Un pesadelo…