Ferrín presidente
No artigo da semana en Faro de Vigo (desta volta publicado en luns) parabenizo a X.L. Méndez Ferrín con motivo do seu nomeamento como presidente da Real Academia Galega. Entendo que esta é unha noticia feliz para a nación dos galegos, tanto por tratarse da figura cimeira da cultura galega contemporánea, como dunha das personalidades políticas máis decisivas das últimas cinco décadas.
Elección, aínda máis relevante, cando se produce nun momento decisivo, no que determinados sectores da sociedade galega pretenden facer retroceder as políticas de fomento da nosa lingua e o prestixio da nosa creación literaria. Priorizar o traballo interno dos equipos e seminarios académicos nos eidos da lexicografía, gramática ou historia; consolidar un sistema estable de financiamento institucional (a nosa primeira institución cultural padece un vergonzoso déficit crónico, que lle dificulta manter un funcionamento digno) e, sobre todo, profundizar na súa presenza social empregando os medios da comunicación cultural contemporánea semellan que serán as prioridades do mandato do autor de Estirpe.
Os nosos parabéns para Méndez Ferrín por tan merecida elección e os nosos desexos dos maiores éxitos para tarefas tan ilusionantes que inicia co seu equipo.
Sobre a mesma cuestión recomendo o magnífico artigo de Miguel Anxo Fernán Vello nas páxinas de Galicia Hoxe e o artigo de Xosé Antón Pérez Lema nas de Xornal de Galicia.
Tamén é de recomendar o artigo de hoxe de Carlos Luis Rodríguez en “El Correo Gallego”, aínda que por causas ben distintas aos dous citados: a miña recomendación vai na liña dos consellos de Sun Tzu.
Leido o artigo no correo.Eu k non sigo moito a vida de nadie (ultimamente chegame ben a miña), non sabia eu de ese “curriculum” de este poeta.Non digo k sexa bo ou malo, simplemente curiosos os derroteiros de algunha xente. Sempre no “candelabro” k diria a freaky
E eu para nom ser menos recomendo o “magnífico” artigo de “himbeztigasion” de Libertad Digital:
http://www.libertaddigital.com/sociedad/un-independentista-proximo-a-batasuna-nuevo-presidente-de-la-
real-academia-gallega-1276382543/
Nom descartem a ilegalizaçom da RAG por Garzón e adlateres.