«Como galego sinto vergoña»

Tras o acto de presentación do manifesto «Galego. patrimonio da Humanidade» (onde houbo unha importante participación e intervencións moi relevantes), fixen estas declaracións para Galicia hoxe.

Como galego sinto vergonza de que o presidente do meu país teña tan escasa consideración co esforzo colectivo de case tres décadas que costou forxar o actual estatuto xurídico do galego. Recuperar este consenso é unha prioridade para a nosa convivencia. Interpreto a tremenda acollida que ten o manifesto  (alén do papel dinamizador da propia rede) e o xermolar de diversas iniciativas  organizativas arredor do idioma como un síntoma do malestar existente en sectores urbanos moi diversos da sociedade coa actual política do Goberno Galego sobre a lingua, mais tamén como un síntoma moi esperanzador de vitalidade cívica.

7 comentarios
  1. Félix Soria
    Félix Soria Dice:

    Subscribo a súa reflexión: Eu, como “lugoslavo”, tamén sinto vergoña.
    (Lugoslavo: Chámase lugoslavo ao galego nacido nas terras de Lugo que foi criado lonxe de Galicia…)
    Unha aperta.

  2. Mónica Touza Toncoso
    Mónica Touza Toncoso Dice:

    Mais que vergoña…noxo.
    Canto temos que aprender dos catalans, nos últimos 30 anos eles van cara adiante e nos cara atrás.
    Como na peli de Blade Runner….nos desfacemos e desaparecemos como lágrimas na choiva…..

Trackbacks y pingbacks

  1. […] artigo da semana, tras a presentación do manifesto «Galego. Patrimonio da Humanidade», propoño en termos moi semellantes a […]

  2. […] non contar con novo Estatuto é un prexuízo grande para a negociación bilateral co Estado) e da teimosa ofensiva contra o galego non pode adiar na mesa de Feijoo o complexo problema da inevitable fusión das caixas para gañar […]

Los comentarios están desactivados.