Ler na cama
/en Lectura, Vídeos/por bretemasSimpática escena sobre as razóns da lectura da mediametraxe Bosteza do director mallorquín Toni Nievas.
Vía Trafegando ronseis.
Vía Trafegando ronseis.
Que é un libro?
/en Libro, Vídeos/por bretemasMoi clarificadora é esta anotación do Txetxu sobre o que é hoxe un libro. A intervención do director da Feria del Libro de Sevilla (un libreiro) é igualmente moi recomendable.
A voz de don Xosé María
/en 17_de_maio, Vídeos/por bretemasMañá celebraremos as palabras de don Xosé María. Un documento sonoro valioso. A gravación deste poema de Roseira do teu mencer é de 1968, realizada por Radio Nacional. Beizóns á Biblioteca do Porriño e a Vieiros polo magnífico espazo electrónico sobre XMAB (moi recomendable como recurso didáctico).
O xogo da serpe
/en Fútbol, Publicidade, Vídeos/por bretemasÉ adoito que os anuncios de Nike sexan moi impactantes. Neste (dous minutos), protagonizado por xogadores como Cecs, Cristiano Ronaldo, Ronaldinho ou Sneijder (entre outros) ofrécese unha visión do fútbol empregando unha cámara subxectiva, dentro e fóra do estadio. Algúns malabarismos pagan a pena. Outra mostra de publicidade impactante.
Vía Julián Gallo.
Vía Julián Gallo.
Libros dixitais xa!
/en Lectura, Tecnoloxías, Vídeos/por bretemasVía Txetxu e Comunicación Cultural chego a este documento e a este blog que abre novas perspectivas e argumentos sobre as posibilidades do libro dixital e a lectura en pantallas como xeito de facilitar a lectura para todos. Unha perspectiva que non deberiamos esquecer.
Publicidade revolucionaria
/en Publicidade, Vídeos/por bretemas
Vía Juan Gallo.
"Máis libros", o anuncio
/en Lectura, Librarías, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemasO anuncio da campaña é xeitoso visualmente, aínda que me custa entender que non apareza, sequera nalgunha ráfaga, algún dos soportes convencionais de lectura, sexan os impresos ou as pantallas. Con todo, o máis frouxo, pareceume, o tópico de considerar a lectura como unha “actividade apaixonante”, desbotando o concepto de utilidade na construción persoal. Mágoa que estes publicistas (entendo que coruñeses) non atinasen neste anuncio tanto como fixeron noutras ocasións anteriores.
Imprenta de tipos móbiles
/en Edición, Vídeos/por bretemasVía: El futuro del libro.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.