Poema de hoxe 31: «Pomba de auga xeada» de Marica Campo

imgresSobre os ósos dos mortos escribo: Nunca máis a guerra!

Nunca máis a guerra! Non pregunto se a cinza ten eco.

Marica Campo, Literatura galega pola paz (Xerais 2008)

Poema de hoxe 30: «Militancia» d’ O Leo

XG00126901Mollarse

non quere dicir

queimarse

O Leo, hai cu, poemas no báter (Xerais, 2007)

Poema de hoxe 29: «Elexías de luz» de Mª Victoria Moreno

XG00115101Alguén chamou por min desde as estrelas…

Mª Victoria Moreno, Elexías de luz (Xerais, 2006)

Poema de hoxe 28: «Kid Salvaxe» de Carlos G. Reigosa

XG00225501Hai saída

pero non ten retorno.

Nisto consiste o argumento.

Carlos G. Reigosa, Kid Salvaxe (Xerais, 2014)

Poema de hoxe 27: «Que tempo é este tan imposto?» de Ana Romaní

v5anaromanidasultimasmareas000Que tempo é este tan imposto

que confirma a existencia das ruínas?

Ana Romaní, Das últimas mareas (Espiral Maior, 1994)

Poema de hoxe 26: «A dama que fala» do Colectivo Rompente

7955_proA dama que fala é muda polos cóbados

e ten dous olliños xordos cando anda a facer que é manca

Rompente, A dama que fala (Xerais, 1983)

Poema de hoxe 25: «Nelson Mandela» de María Xosé Queizán

XG00126801Por que os tempos nunca son chegados

mellores tempos sempre chegarán

María Xosé Queizán, Cólera (Xerais, 2007)

Poema de hoxe 24: «Madrigal a cibda de Santiago» de Federico García Lorca

AUTOGRAFO 1932Olla a choiva pola rúa,

laio de pedra e cristal.

Olla no vento esvaído

soma e cinza do teu mar.

Federico García Lorca, Seis poemas galegos (Editorial Nós, 1935)

Poema de hoxe 23: «Ai, flores, ai, flores do verde pino» de Don Dinís

Ai, flores, ai, flores do verde ramo,

se sabedes novas do meu amado?

Ai, Deus! e u e?

Don Dinís (1261-1325), «Ai, flores, ai, flores do verde pino»

Poema de hoxe 22: «s/t» de Emma Pedreira

XG00237101O exilio só existe con retorno.

O outro chámase olvido.

Emma Pedreira, s/t (Xerais, 2015)