Os Soprano
/en Persoal, Televisión/por bretemas
Jaureguízar revela hoxe un dos nosos segredos: a paixón que comparto con Agustín polos Soprano. Nos últimos meses papei as seis tempadas completas e os oito derradeiros capítulos con auténtica devoción. Algúns capítulos son memorables. Un modelo de narración moi sutil. Recoméndoos, a pesar do seu carácter aditivo.Semana Cultural de Galicia en México
/en Eventos, Persoal/por bretemas
Esta noite marcho a México, onde o xoves darei unha conferencia sobre «A edición contemporánea en Galicia», dentro da Semana Cultural de Galicia, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta semana, que se celebrará na sede da Universidade Nacional Autónoma de México, supón o inicio das actividades da Cátedra Bibiano Fernández Osorio-Tafall de Lingua, Literatura e Cultura Galegas na capital mexicana.
Regreso
/en Persoal/por bretemas
Regresamos con moi boas vibracións.
Acougo
/en Persoal/por bretemas
Rematada a Feira, collemos un acougo. Volveremos en dúas semanas.
Prontos a ler, visita lisboeta
/en Cidades, Persoal, Portugal/por bretemas
Dous días en Lisboa (nos que abandonei completamente o blog) deron para moito: camiñar unha das nosas cidades máis queridas, falar devagariño cos editores amigos, participar na inauguración dunha exposición de libros españois e nun encontro con editores lisboetas sobre o deseño editorial, coñecer as últimas novas sobre a reconversión editorial portuguesa e, sobre todo, tomarlle o pulso á difícil situación económica e social do país irmán (que nisto da crise parece ir bastante por diante nosa).
Emocionoume comprobar que a edición portuguesa do libro de Agustín xa está nas mesas de novidades da FNAC (a carón dun libro de Edgar Allan Poe) e nos escaparates das librarías do Chiado, onde vin, tamén, a edición de deriva da Dragona de Queipo. Dúas mostras de que a nosa literatura vai abrindo unha fenda en Portugal da man dos dous editores que mellor coñecen e aprecian a nosa literatura. Quedei moi contento sabendo das boas noticias da marcha das Ediçoes Nelson de Matos, a editora independente do noso amigo Nelson, sen dúbida, o máis importante editor de cultura portugués das últimas décadas. Ademais do libro de Agustín, Nelson está enguedellado no lanzamento dun novo libro de poemas de Manuel Alegre (algún día poderá chegar o poeta á presidencia da República?) e na recuperación dun novo texto de Cardoso Pires. Apampei coa nova novela de Mia Couto (lina nunha noite nun hotel, por certo ben bonito), unha obra na que mozambicano demostra que é un dos grandes. Abraioume comprobar in situ como se consolida o proceso de concentración das editoras literarias portuguesas, acelerado pola consolidación do grupo Leya, que agora xa agrupa á editorial Caminho, a ASA, a Dom Quixote e a Oficina do livro, algo verdadeiramente incrible!, que abre múltiples interrogantes sobre o futuro e a identidade dos proxectos destas editoras e agoiro anticipa a concentración conseguinte da súa comercialización (algo que xa coñecemos aquí dende hai máis dunha década). Non hai dúbida, o sector editoral portugués está revolto.
Con todo, quizais o máis interesante, foi participar na Mesa Redonda cos colegas portugueses e co mestre Enric Satué, o comisario da exposición itinerante “Listos para ler”. Durante dúas horas e media debatemos sobre o futuro do sector do libro e o papel que o deseño editorial vai ter neste proceso de tránsito inevitable entre formatos. Dende posicións máis ou menos integradas (e algunha que outra máis ben apocalíptica) chegamos á conclusión de que só terán futuro os libros impresos máis fermosos, os mellor concibidos e os mellor editados. Aí o papel do deseño e da creación do editor serán imprescindibles.
Despois de tantas novidades, volvimos con saudades, na cidade da luz, semella inevitable. Volveremos en outono para acompañar a Agustín na presentación aos medios de Só resta o amor.
2000
/en Blogs, Internet, Literacidade, Persoal/por bretemasNestes dous últimos anos, estas brétemas foron tamén ampliando a súa mirada temática (nada do que nos afecta podemos consideralo alleo) e reducindo o peso da crónica do noso traballo como editores de Xerais (sobre todo dende a apertura do blog da editorial, onde agora publicamos moitas das informacións que aparecían aquí). No entanto, continuamos a nosa reflexión acougada (e escasamente apocalíptica) sobre os futuros do libro (quizais hoxe o tema central de brétemas), nun momento de clara transición entre soportes, no que a primacía da calidade do contido textual é o valor principal. Continuamos tamén achegando a nosa preocupación pola participación política (singularmente en Galicia, un país que nos doe e estimula na esperanza), cando se albiscan sombras preocupantes sobre a derrota (entendida como deriva, loxicamente) da cultura da cidadanía. Temas que non nos impiden, madia leva!, desbordar a nosa subxectividade máis emotiva sobre temas futbolísticos (sen eu pretendelo, outro dos sinais de identidade do blog), onde nos sentimos menos determinados ca noutros eidos que requiren maior racionalidade.
Dende a anotación número 1000, estas brétemas recibiron máis de tres mil comentarios, o que supón unha clara redución con respecto ás mil primeiras, un fenómeno que vimos comprobando se produciu na maioría dos blogs (non só galegos). Con todo, conservamos un número de visitas que non deixa de abraiarnos e as que debemos agradecer a súa deferencia por lelas, enmedalas e criticalas. Seguimos crendo que a razón de ser dos blogs, destas identidades individuais de dominio público, no marco da nova web 2.0 (non sei se debe dicirse 3.0), reside en compartir informacións, reflexións, opinións, lecturas, películas, cancións, saudades, cabreos, risas ou momentos de beleza… entre amigos e amigas. Nesa angueira, seguiremos mentres teñamos acougo e azos.
Grazas, Maciño
/en Persoal/por bretemas
Despois de cinco anos de render moi bos servizos, esta madrugada un erro fatal (“kernel panic”) estragou o meu vello mac de bola. Quedamos, pois, sen ordenador na casa (desacougado que estou con algunhas perdas de información), razón pola que estes días teremos moitas dificultades para manter actualizadas estas brétemas. Volveremos cando contemos cun novo (hai que buscar as mellores ofertas). Pregamos desculpas.
Terceiro aniversario
/en Beizóns, Blogs, Persoal/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.








