Máis sobre os libros de texto
O vigués Fernando Valverde, presidente de CEGAL (confederación de libreiros), criticou duramente a política de descontos dos libros de texto, medida aprobada polo goberno do PP que Zapatero, a pesar das súas promesas, non ten coraxe a eliminar. Opinión na que abonda, Mauricio Santos, o presidente de ANELE (asociación de editores de libros educativos).
Os primeiros datos e impresións que fomos recollendo (onte mesmo falaba cun importante libreiro) amosan que esta campaña de texto está sendo moi frouxa para as libreirías, gañando imparablemente terreo as grandes superficies (que xa chegan a acordos directamente con algunhas ANPAS). Cantas librarías pecharán este ano? Que repercusións pode ter isto para a estrutura e o emprego nas editoras?