Internet e a normalización
/en Internet, Lingua/por bretemasMillán dá conta estes días dun libro xa clásico sobre Internet no centro da estratexia de normalización lingüística. O traballo de Graells e Vives sobre o caso catalán merece a nosa intención. A reseña é moi suxestiva en temas, propostas e preguntas. Cal é razón de que non apareza nin o galego nin o catalán nin o éuscaro na páxina da máis alta institución do estado? Cales son as estratexias para aumentar o uso dunha lingua na rede? A proposta de Millán para comezar a intensificala é clara:
Se queremos unha WWW rica en catalán, teremos que ter numerosos usuarios navegando a rede en boas condicións económicas (unha tarifa plana real), cun bo servizo das operadoras, dúas cousas que están faltando.
Galicia encantada
/en Internet/por bretemasHoxe abriu un sitio que ben merece ser visitado. Galicia encantada é unha enciclopedia virtual da fantasía popular de Galicia. Aquí podemos atopar a historia da Galicia imaxinaria, seres míticos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras. Recoméndoa vivamente. Está preparada por Antonio Reigosa e a navegación é vistosa e amigable. Unha fonte que seguiremos con enorme interese. Beizóns para os promotores.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.