Policía de costumes
/en Imaxes/por bretemasVía: Album de Recortes.
Fotografías panorámicas
/en Artes Visuais, Imaxes/por bretemasA rede atesoura algunhas posibilidades artísticas que quizais nunca chegamos nin a imaxinar. O blog do arxentino Juan Gallo (un dos máis suxestivos e sorprendentes que visito) presentaba onte unha fotografía panorámica do río Nilo que, nunha imaxe única e sen saltos, percorre 81,29 km dunha das súas beiras. Grazas a este procedemento podemos asistir na nosa pantalla a esta longa viaxe que comeza de madrugada e remata ao solpor.
A fotografía, titulada “The Nile Studies – Sketches and visual notes of the Nile River”, foi realizada por Michael Aschauer, autor tamén doutra experiencia semellante no río Danubio, que fora presentada en Artech 2006, a Terceira Conferencia Internacional de Arte Dixital e Electrónica, celebrada en Pontevedra en novembro de 2006 (e da que non tiñamos aínda noticia).
A fotografía, titulada “The Nile Studies – Sketches and visual notes of the Nile River”, foi realizada por Michael Aschauer, autor tamén doutra experiencia semellante no río Danubio, que fora presentada en Artech 2006, a Terceira Conferencia Internacional de Arte Dixital e Electrónica, celebrada en Pontevedra en novembro de 2006 (e da que non tiñamos aínda noticia).
Ver as fotografías:
Etiquetas: Nile_studies
Sao Paulo, cidade sen publicidade
/en Cidades, Imaxes, Publicidade/por bretemasPara evitar a contaminación visual, a cámara municipal de Sao Paulo decidiu impedir a presenza de valados publicitarios nas rúas da cidade. O fotógrafo Tony Marco está documentando este proceso inédito de limpeza visual. Un modelo a imitar? Témome que sería moi difícil implantalo nas nosas cidades, abonda con lembrar a recente campaña das eleccións municipais.
Vía: Tiscar.
Vía: Tiscar.
Etiquetas: Sao_Paulo
Only in Galicia
/en Imaxes, Slideshare, Sociedade/por bretemasHoxe recibín esta presentación por ecorreo. Ten o seu punto irónico.
Etiquetas: Galicia
Sabas libro
/en Imaxes, Lectura/por bretemasCamilo xa nos descubrira a cama-libro. Agora grazas a Txetxu (vía Mikel Agirrebaria) sabemos das sabas libro. Non hai dúbida que a lectura é, para algúns, a cama é un bo reclamo para a lectura. Eu, con todo, prefiro para ler unha boa butaca, aínda que son capaz de ler en calquera sitio. Ben sería coñecer onde prefire ler cadaquén!
Etiquetas: Lectura
Juntos vamos a más
/en Imaxes/por bretemas27 M
/en Imaxes, Política/por bretemasVía: El Roto. El Pais.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.