O manuscrito de Alicia
/en Imaxes, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasAnuncioumo Agustín e lino na páxina de Manolo Gago (obrigado) que se podía ver o manuscrito d’ Alicia visitando os fondos dixitalizados da British Library. Ten razón Gago que é un pouco latoso pasar as páxinas deste libro electrónico, mais é unha marabilla poder escoitar o texto en inglés e coñecer a caligrafía de Carroll. A edición do mapa de Mercator de 1570 e os deseños da bitácora de Leonardo son outra gozada. Paga a pena este sitio que demostra as posibilidades da dixitalización dos grandes fondos bibliotecarios. Cando poderemos consultar as nosas grandes pezas da Biblioteca Nacional de Galicia?
Galicia selección
/en Imaxes/por bretemasActualización (31-08-2005): en marcha.
Actualización (01-09-2005): Velaí o Castanhinho.
Utopía
/en Imaxes/por bretemasQuen esta noite non sexa capaz de aguantar os nervios do seguimento dos resultados, recomendo fedelle con este xogo virtual (en alemán). Semella un anuncio moi orixinal dunha caixa de aforros ou quizais unha fotonovela futurista. En todo caso, éche un sitio ben vistoso.
Foise co Bento
/en Imaxes/por bretemas
19-04-2005: Praia Copacabana, Rio. Foise co Bento.
Dorian Gray
/en Imaxes/por bretemas
Dorian Gray por panchez.
Os aduaneiros, sempre tan oportunos, retrataron así ao presidente despois do retiro cos seus conselleiros en San Estevo.
Prohibicións e vinganzas
/en Imaxes, Sociedade/por bretemasUn alumno de Económicas mándame unha foto tirada na cafetaría da súa facultade. Prégame que a divulgue para poder gañar un concurso de fotografía anecdótica galega organizado por aduaneiros sen fronteiras. Recoñezo que quedo un chisco perplexo, pero así o fago. O mellor do asunto é consultar as obras presentadas e ler os comentarios sobre elas. Paga a pena miralas todas e botar unhas risas (unhas cantas merecen ser enlazadas). Aquí meu amigo Quique ten unha fonte inesgotable para novos prodixios.
Sorprendente é, tamén, a noticia que leo nun dos meus blos preferidos: a vinganza dun empregado de McDonalds contra un policía novaiorquino.
Si
Dubideino moito, mais a fin decidín pedir o si.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.













