Viaxe a Berlanga
/en Cidades/por bretemas
Acompañei a Antón ata Berlanga de Duero. Fixemos mil trescentos quilómetros en pouco máis de vinte e a catro horas para visitar o Centro da Memoria da Cultura Escolar que están montando o catedrático Agustín Escolano e a súa compañeira a profesora Puri Lahoz.
Este vai ser o máis importante museo existente en España sobre manuais escolares non universitarios (aproveitamos a viaxe para achegar varios centos de pezas en galego). Folleamos algúns libros memorables, o que nos produciu unha grande emoción.
Este centro, instalado nunha magnífica casona do século XVI, declarada monumento nacional, pretende constituírse nun centro de documentación audiovisual de referencia internacional sobre a memoria escolar, tanto de docentes como de escolares. Un proxecto moi interesante, que agardamos reciba todos os apoios que merece tamaña proeza.
Na viaxe comprobamos o estado desolador do Monterrei queimado (as lapas chegaron ata a autovía, que semella serviu de cortalumes), que constrataba coas paisaxes luminosas da Ribera, pouco antes da vendima. Coñecimos, tamén fugazmente, San Baudilio (polos seus frescos románicos, chamada a capela sixtina castelá) e, á noitiña, ruamos pola vila de Frei Tomás de Berlanga, o descubridor das illas Galápagos. Non se pode pedir máis para tan pouco tempo.
Librarías soterradas
/en Cidades, Librarías/por bretemasVin poucas librarías independentes (xeralmente técnicas e universitarias), sendo as cadeas como Feltrinelli e Mel books (espazos amplos, cómodos, surtidísimos e, xeralmente, con cafetaría) as que levan o peso do negocio. En case todas elas véndense tamén discos (máis caros que en España, vinte euros os lanzamentos e trece nas series medias). Nas librarías italianas son habituais as promocións, empregando outros produtos como reclamo para a venda de libros.
Silgar
/en Cidades, Presentacións/por bretemasVai de mar
/en Cidades, Ilustración, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasOs membros da delegación galega xa fóramos moi mimados durante toda a xornada. As palabras de acougo e agarimo foron constantes e o aplauso, que pechou as intervencións de Pilar e Xosé na presentación ao mediodía de Vai de mar (A ilustración galega no século XXI), tan intenso e prolongado, que chegou a emocionarnos a todos. A exposición foi outro motivo de orgullo dun día que non esqueceremos.
OQO Editora
/en Cidades, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasA nada non é espazo baleiro, senón medio de creaciòn de vida. O noso espazo, cheo de ar, está impregnado de sementes, na realidade e na imaxinaciòn. Calquera burato suxire a existencia dunha voz, mais hai unha trampa máis evocadora ca un simple burato redondo: pozo sen fondo ou cráter de volcán, ollo, boca, sol…
Kalandraka
/en Cidades, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasLa lingua delle farfalle
/en Cidades/por bretemasManteis
/en Cidades/por bretemasNew Horizons award
/en Cidades, Premios/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.