Poema de hoxe 32: «Sinto» de María Mariño
Onte 1568: Día da ilustración
/en Autores, Efemérides, Ilustración, Libro, Onte/por bretemasCelebrouse onte nas bibliotecas «O día da ilustración». Unha data incluída no calendario galego do libro e da lectura, coincidindo co aniversario do nacemento de Castelao, coa intención de salientar «a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración». Unha efeméride que debería servir, ademais, para reparar na situación dun subsector da creación que, a pesar do proceso de hibridación e mudanza do sector editorial, vive en Galicia un momento dunha certa efervescencia, fose pola consolidación nos mercados (tamén nos internacionais) dalgunhas das figuras da BD galega, sexa pola aparición constante doutras novas no terreo da edición infantil ou do portadismo editorial.
Xaora, sobre o mundo da ilustración galega pairan importantes dificultades, dende a reducida dimensión do noso mercado editorial interior, pasando polas dificultades para a exportación, concertación de edicións e venda de dereitos, até os prexuízos aínda existentes sobre este traballo artístico. E para mostra destas eivas abonda con reparar na lista de vinte e cinco creadores convidados a participar na Feira do Libro de Buenos Aires, que a Consellaría de Cultura e Educación publicou a pasada semana, e comprobar que só asistirá unha ilustradora. Apenas un síntoma dunha ollada prexuizosa sobre a ilustración galega, ademais dunha torpeza, cando se visita un país onde esta disciplina ten unha importancia fulcral no mundo editorial.
Parabéns a todos os ilustradores e ilustradoras, mercedoras de todo o noso recoñemento e apoio por tan destacado traballo artístico.
Grazas a Marcos Viso pola ilustración.
Poema de hoxe 31: «Pomba de auga xeada» de Marica Campo/en Autores, Educación_para_a_Paz, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Sobre os ósos dos mortos escribo: Nunca máis a guerra!
Nunca máis a guerra! Non pregunto se a cinza ten eco.
Marica Campo, Literatura galega pola paz (Xerais 2008)
Onte 1567: «Mia madre»
/en Autores, Cine, Críticas, Novidades, Onte, Vídeos/por bretemas
Nanni Moretti lembra o pasamento da súa nai en Mia madre, outro filme interesante sobre a perda e o proceso de duelo. Encarnado no personaxe da magnífica Margherita Buy, unha directora de cinema comprometido, Moretti esculca no territorio difícil da identidade familiar, mais tamén dos medos contemporáneos (tan agochados) e do peso dos afectos nos momentos máis fráxiles da vida dos seres queridos, aqueles que obrigan a cuestionarnos quen fomos e que somos. O contrapunto irónico que coa directora establece o actor italo-americano (John Turturro), protagonista da rodaxe da súa película, alixeira a emotividade do relato, ademais de facer unha sátira da actual industria cinematográfica. Xaora, a clave da proposta do director italiano está no deseño do personaxe da nai doente, unha profesora de latín que deixou fonda pegada no seu alumnado, mais a quen os seus fillos (tremendo papel o do irmán de Margherita, interpretado por Moretti) descubren nos seus días derradeiros.
Poema de hoxe 30: «Militancia» d’ O Leo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Onte 1566: Rivas homenaxea a David Bowie na Biblioteca de Carballo
/en Autores, Bibliotecas, Música, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemasDos interesantísimos comentarios que Manuel Rivas fixo onte na lectura de fragmentos na Biblioteca de Carballo d’ O último día de Terranova chamáronme moito a atención os referidos á relación de Vicenzo Fontana, o libreiro de Terranova, tamén a voz da novela, co David Bowie. Advertiu Rivas que para el «na escrita todo ten unha relación e o aparentemente casual pode ser causalidade». «Durante a escrita da novela escoitei moito a Satie, mais de cando en vez aparecía o Bowie de “Starman“, creo que como unha manifestación da realidade intelixente.» «Vicenzo Fontana síntese un dobre de Bowie, identifícase co seu transformismo, coa súa capacidade de estar aquí e de fuxir, referénciase coas súas cancións, sobre todo con “Starman”. A novela publicouse cando Bowie estaba gravando o seu derradeiro disco. Mais por que aparece Bowie?» Confesou Manuel Rivas que a morte recente de Bowie fora para el como «un cruch», «igual que a escrita, un cros á mandibula, como sinalaba o escritor arxentino Roberto Alt. Para min a escrita dunha novela é un proceso de descuberta, unha loita contra a ignorancia, contra as propias convencións. A escrita da novela só é posible cando os personaxes comezan a contar cousas que o autor descoñece, compartindo a súa información.»
Poema de hoxe 29: «Elexías de luz» de Mª Victoria Moreno/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Alguén chamou por min desde as estrelas…
Mª Victoria Moreno, Elexías de luz (Xerais, 2006)
Poema de hoxe 28: «Kid Salvaxe» de Carlos G. Reigosa/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Poema de hoxe 27: «Que tempo é este tan imposto?» de Ana Romaní/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
que confirma a existencia das ruínas?
Ana Romaní, Das últimas mareas (Espiral Maior, 1994)
Poema de hoxe 26: «A dama que fala» do Colectivo Rompente/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
A dama que fala é muda polos cóbados
e ten dous olliños xordos cando anda a facer que é manca
Rompente, A dama que fala (Xerais, 1983)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Resiliencia celtista24 de Xaneiro de 2026 - 7:35 a.m.
Trump e o día escolar pola paz20 de Xaneiro de 2026 - 8:39 a.m.
Manicura celeste19 de Xaneiro de 2026 - 7:24 a.m.
50 anos do movemento veciñal vigués13 de Xaneiro de 2026 - 10:42 a.m.
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.














