O escritor de Ligácia
/en Autores/por bretemas
Na edición de Vieiros Barcelona publícase hoxe unha magnífica entrevista con Xulio Ricardo Trigo, o escritor, tradutor e editor catalán de orixe galega. Xulio é o creador de Ligácia, un espazo literario propio, que corresponde á Galicia da súa infancia, recreado en novelas como Despres de l’ oblit (Logo do esquecemento), ademais de promotor de Perifèric Edicions e animador da cultura galega en Cataluña.Da entrevista, que recomendo vivamente, destacaría a súa reflexión sobre o papel dos blos, que para el deberían “incidir máis na súa faceta de arquivo de textos e non dar tanta importancia a escrita cotiá”. Anuncia, tamén, a posta en marcha de El pont sobre el llac, un sitio para dar acubillo á tradución de textos da literatura galega, portuguesa e brasileira ao catalán.
Outra descuberta
/en Autores, Premios/por bretemas
Iria López Teijeiro, unha rapaza de vinte e catros anos de Fene, é a nova descuberta do primeiro Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela convocado para menores de vinte e cinco anos.É unha beizón deste ano que case cada premio permita atopar unha voz nova para a nosa narrativa. Semella que está xermolando, tamén, un tempo novo para as nosas letras.
Este premio de Biblos, tan orixinal, é outro grande acerto de Carmela e Tucho. O acto e o xantar posterior foron deliciosos. Parabéns merecidos para Biblos.
A paixón pola palabra
/en Autores, Literatura infantil e xuvenil/por bretemasConversas con Bernardino
/en Autores, Xerais/por bretemas
Onte acabei a lectura do libro de conversas con Bernardino. Rafael e Héitor fixeron un traballo excelente xa que en apenas cen páxinas conseguiron amosar o rostro profundamente humano dun dos grandes poetas da literatura galega. Creo que os aspectos máis novidosos do libro son os referidos á etapa de formación do poeta e ao pensamento filosófico e relixioso desenvolvido polo poeta, na última década, a partir da escrita do Protoevanxeo do neto de Herodes.O libro é moi entretido e de lectura agradecida polas múltiples anécdotas que contén. Quizais unha das máis divertidas é a que relata o tropezo en Madrid de Bernardino e Ferrín con Hemingway:
–Si, si. Home, en Madrid foi. Chocar fisicamente con Hemingway, de peito, eh!, Hemingway e Ferrín de golpe de peito. Precioso. Chocamos con el e despois dicía o Ferrín:
–Por que non nos quedamos con el? Coño, Bernardino ti sabes máis inglés.
Foi unha pena, pero é a timidez claro, é a timidez á adoración dos teus ídolos.
Pura e Dora escritoras na súa terra
/en Autores/por bretemas“A poesía é unha forma que ten o home de orar, non sei a qué, pero de orar”, dicía hai uns anos o escritor Álvaro Mutis. E esa oración laica, aberta, participativa, prego de beleza e de autenticidade, encárnase cada ano como encontro colectivo nas homenaxes que desde 1995 celebra a Asociación de Escritores en Lingua Galega baixo a cabeceira O Escritor na súa Terra: cita que contou xa con nomes tan egrexios como Uxío Novoneyra, Avilés de Taramancos, Luz Pozo, Salvador García-Bodaño, Neira Vilas e Manuel María, entre outros.Este ano son dúas mulleres, Pura e Dora Vázquez, As escritoras na súa terra, e en Ourense, onde teñen unha rúa co seu nome desde 1995, recibirán o recoñecemento dos seus amigos e lectores coa plantación no Parque Barbaña de dous camelios, árbore que tanto amaron sempre, e unha Pedra Escultórica que inaugurará alí a Fervenza dos Poetas. Símbolo chamado a converterse en lembranza permanente como aqueloutra Pedra do tempo cantada por Pura: “Pedra dura do Tempo en desafíos. / Dos milenios chovendo corredíos/ no destempo, o devir onde pervive. / Trasustanciada voz a que nos fala/ da longuísima historia que a recala. / Dunha enlevada man que un nome escribe”.
Un canto á vida
/en Autores, Narrativa, Premios/por bretemasGustáronme os personaxes, sobre todo, Hélène e Einés (tan riquiñas, tan apaixonadas polo coñecemento, como a propia Christina, un contrapunto, quizais máis racional, mais por iso, non menos emotivo). Gustoume o tratamento da figura de Descartes (que funciona como vertebrador da trama) coma a do propio V.M (ese director de tese que como enigma vaise desvelando na súa fachenda). Gustáronme as receitas (páxina memorable é a dos petisús), as cartas e as referencias ás herbas. Interesáronme os debates filosóficos e lingüísticos.
A novela é de lectura sedutora, como sensual son moitas das páxinas (que recenden cantas delas), a pesar de que algunhas (as de temática máis filosófica, no capítulo terceiro) son complexas. Todo un desafío para cada lector ou lectora. A novela toda é un canto a vivir con intensidade e con paixón e perseguir o coñecemento e o amor alí onde teñan a súa gorida. Xa teño ganas de vela editada e que os lectores e lectoras opinen. Esta novela vai dar moito que ler (alza 448 páxinas) e moito para falar e debater.
"Poeta na cadea"
/en Autores/por bretemasCabana académico
/en Autores, Cultura/por bretemasÉ innegable que a Academia se renovou moito nos últimos anos. Con todo, aínda botamos en falta maior dinamismo e intervención na problemática cultural (fóra do protocolario do Día das Letras Galegas e dalgúns escasos pronunciamentos sobre o estado da lingua), sen esquecer, a incorporación de voces máis novas (ten algún académico menos de cincuenta anos?) e mesmo de ámbitos non estritamente filolóxicos ou literarios. Parabéns para Darío e pulo para o seu labor.
Poeta, republicano, exiliado, comunista
/en Autores/por bretemas
Lorenzo Varela, no medio, xunto a dous compañeiros das Milicias Republicanas

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Portalén24 de Marzo de 2026 - 5:15 p.m.
Carencias do Celta23 de Marzo de 2026 - 5:07 p.m.
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.
Fernando Franco17 de Marzo de 2026 - 7:36 a.m.
O noso principiño14 de Marzo de 2026 - 6:35 a.m.









