Campo do Fragoso XVI

BAIXA INTENSIDADE

O partido co Athletic demostrou que o Celta está prostrado nunha perigosa fase de baixa intensidade, acumulando dúas derrotas consecutivas diante de rivais moi inferiores e amosándose totalmente incapaz de repoñerse unha vez que recibe un gol. Noqueados xa aos dez minutos de xogo polo tanto de Aduriz e desquiciados no centro do campo pola tupidísima malla de centrocampistas bilbaínos, que souberon anticiparse e proporcionar balóns perigosos aos seus dianteiros, os de Vázquez non tiveron a claridade suficiente para ler un encontro que Clemente quería gañar. Renunciando de forma incomprensible ás bandas e teimando por conducir a pelota de forma individual polo centro para conseguir unha asistencia para Baiano (moi desacertado como xa ven sendo habitual nas últimas xornadas), o Celta só conseguiu estrelarse contra a fráxil e inexperta defensa dos leóns. Por riba, as dúas oportunidades estragadas por Canobbio e Perera a porta baleira contribuíron a descompoñer definitivamente o debuxo dun equipo que perdeu as posibilidades de atopar un argumento condutor para súa remontada. Nin os trocos da segunda parte nin a emocionante enerxía dos minutos finais, que proporcionaron os caneos e a dirección de Gustavo López, foron suficientes para abrir a lata que tan concienzudamente dispuxo Clemente sobre o campo ao longo dos noventa minutos. Para enfrontar o difícil vieiro final da liga, onde todos os equipos van estar moi necesitados de puntos, o magnífico Celta desta tempada precisa recuperar maior continuade e intensidade no seu xogo de defensa e ataque. Urxe mellorar a actitude para poder chegar a culminar o soño europeo.
3 comentarios
  1. Artipractor
    Artipractor Dice:

    La verdad es que el Celta mereció algo más, quizás el empate hubiera sido más justo, pero que bien nos viene esta victoria…
    Bueno esperemos que nosotros nos salvemos (que triste estar diciendo esto, pero…) y que vosotros consigais la meta europea!!!
    Un saludo
    p.d. Eso de rival inferior…¿será por esta temporada no? ahhh entonces si!!! esta temporada si!!! 😉

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Perder co Atlhetic é sempre unha derrota doce. É un dos meus equipos preferidos. Mágoa que esta tempada estea tan frouxiño.

  3. máis alá
    máis alá Dice:

    A verdade é que o Celta está a ter mala sorte de cara a portería. Non entendo a algúns tertulianos que se dedican a criticar o xogo do equipo. Certo que algunhas veces poderían facer máis pero non esquezamos que no que vai de liga non deixaron os postos europeos (si non me equivoco). Cheguei a escoitar a algún que se queixaba de que o domingo xogaron pouco polas bandas, que se foron para o centro, que tocaron moito…, e mesmo eloxiaba o xogo do Atlhetic. Si o Celta gañara o domingo marcando no minuto dez, e logo se pecharan todos atrás e veña a mandar balón longos, hoxe estarían a pedir a cabeza de Vázquez.

Los comentarios están desactivados.