Campo do Fragoso XL

DEBACLE DEFINITIVA
Non podemos seguir enganándonos inutilmente crendo en milagres que non se van producir: a derrota diante do marrulleiro e sospeitoso Levante déixanos en Segunda División. Un penalti fantasma sinalado a piques de rematar a primeira parte –que o nefasto colexiado Rubinos Pérez semella quixo ver antes que se producise a “xogada” (daría para un argumento de auténtica novela negra)– arruinou as escasas posibilidades de que un paupérrimo Celta, a quen lle queima a pelota nas biqueiras de moitos dos seus xogadores, fose capaz, sequera, de empatar. Nin ao máis entusiasta seareiro pode extrañarlle que o equipo de Stoichkov encadee catro derrotas consecutivas xa que o seu xogo, a pesar do corazón que lle meten en cada encontro uns cantos xogadores honestos (Oubiña, Gustavo López, Tamas e moi poucos máis), é de calidade moi inferior ao que realizaba baixo a batuta disciplinada de Fernando Vázquez. Coa mudanza de adestrador, a pesar do espellismo mediático inicial, os celestes perden máis partidos, encaixan máis goles e, sobre todo, xogan moito peor. Sendo así as cousas, o descenso é inevitable, xa que as probabilidades de salvación son agora meramente matemáticas. A imaxe, ao remate do encontro, de Oubiña abandonando en solitario e bagoando o terreo de xogo encheunos de enorme tristeza (máis ca propia derrota). Unha situación tremenda que amosa a soidade deste grande xogador celtista fronte á desimplicación da maioría dos seus compañeiros que hai moitos meses (por razóns que xa é tempo coñecer) decidiron tirar a toalla sen que ningunha autoridade do club tratase de impedilo. O fracaso do presidente Carlos Mouriño é total, a pesar de que pretenda endosarllo ao anterior adestrador (por certo, tamén celtista de raíz). Diante desta catástrofe ben sería que xa se fose preparando a vindeira tempada con outros criterios deportivos. Como di a foliada da Roda “… temos que cambiar de xente”.

Etiquetas: Celta
5 comentarios
  1. Eifonso Lagares
    Eifonso Lagares Dice:

    Un cambio de presidente que prometía éxitos en base a no se sabe que y un cambio de entrenar que lo único que ha conseguido es un desorden y descontrol total. Los jugadores claramente desmotivados salvo tres.
    Nos espera una temporada en el infierno, y ojala sea una.
    Un saludo

  2. Veloso
    Veloso Dice:

    Mouriño debe recoñecer publicamente os seus erros e empezar dende agora mesmo un novo proxecto no que a xente da canteira teña máis presenza. Por certo, onde están agora os que sinalaban a Fernando Vázquez co dedo acusador? En fin, os verdadeiros celtistas seguiremos renovando o carné, tamén en segunda. Será unha boa ocasión de visitar Salamanca, Xixón e outras cidades ben fermosas.

  3. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Amigo Veloso: relea as crónicas de campo de Fragoso deste ano. O nome de Fernando Vázquez aparece alí sinalado, varias veces e con moita razón. Poño, por exemplo, o comezo da crónica do Osasuna.
    “Desde a tempada do descenso non asistiamos en Balaídos a un partido máis nefasto e deplorable do Celta”. Pero se seguimos a ler outros comentarios, os erros tácticos de Fernando Vázquez aparecen con moita frecuencia. Vázquez é un bó entrenador; ninguén o dubidou, pero ata Cruyff (e agora o pobre de Rijkaard) poden ser botado dun equipo.
    Os xogadores son os responsabeis de todo. Stoichkov (ou quen sexa, non é cuestión de nomes de entrenadores: vexan a Savio na Real Sociedade) podía ou non sacar ao Celta do pozo, pero non a oito partidos do final. O erro foi non botar a Fernando Vázquez en Xaneiro, non porque fora mal entrenador (tamén botaron a Víctor Fernández), senón porque non era capaz (polo que sexa) de levar adiante ao equipo.

  4. Alberte
    Alberte Dice:

    Concordo con arumes, Vázquez tiña que estar na rúa moito antes. O Stoichkov polo menos plantexa os partidos para gañalos e non para non perdelos como Vázquez.

Los comentarios están desactivados.