Camilo Franco ("Cama-libro")

A “cama-libro” (referida ao microrrelato “39 graos”) é un dos mobles de lectura da exposición.

Da infancia recordo o tacto frío da cabeza do termómetro no sobaco. Lembro iso e as instrucións da miña nai cando chegaban as visitas: non leas que tes os ollos febles, tápate que vou airear o cuarto. Incorporarse, chaqueta nova do prixama, estirar a colcha e sorrir, que a adversidade de cada un non dá patentes para a mala educación. Logo chegaban, saudaban, refregábanme o pelo, preguntaban polos estudos, advertían que era sorte estar na cama e nas miñas respostas monosílabas nunca entendían a miña contrariedade por perder a soidade de enfermo ben suado.

Actualización: (25-01-2007): Información da exposición aparecida en el El Pais: “A literatura é a creación e o soporte a circunstancia”.

Actualización (26-01-2007): “Literatura en acción“, artigo de Antón Reixa en Luzes.

Etiquetas:
8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Señor Bretemas, xa nos enteramos, creo da exposición de Camilo Franco. Con tanta insistencia vai quedar vostede mal como non sexa algo excepcional!

  2. siloam
    siloam Dice:

    espero vela, e a graza que faime o seu apelido (como o de Xesús Fraga); dá gusto, con eses apelidos e o majetes que son , ademais de como escriben

  3. De la Highway61
    De la Highway61 Dice:

    Un texto precioso, perfecto. Antes os nenos enfermos eramos así. Pode un sentir morriña de estar enfermo? Ou é simplemente morriña de ser un neno?
    Grazas, Brétemas.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Sabendo como é Camilo xa me entrara a dúbida de senón sería todo unha carallada. Despois de ver os vídeos que colgaches, Manolo, xa non teño dúbida ningunha.

  5. Torreira
    Torreira Dice:

    Os amigos da miña editora son os meus amigos.
    Agora en serio,Camilo ten algo especial asi que non me extrana que acredites nas súas verbas,que levan a tinta no cuspe da vida

Los comentarios están desactivados.