Balance 4/2010: o Ano do Libro e da Lectura que non o foi
Magoadamente cumpríronse os peores agoiros e o chamado «Ano do Libro e da Lectura», declarado pola Xunta de Galicia, non o foi, nin sequera foi unha sombra daquel ano bonsai que previamos hai un ano. Magoadamente e moi ao noso pesar, nin houbo un programa específico de fomento da lectura, nin houbo un desenvolvemento do previsto na Lei do Libro e da Lectura, nin se produciu o pulo que requería o sistema bibliotecario público galego e nin sequera foi a prioridade do equipo da Consellaría de Cultura, moito máis ocupado e preocupado no Xacobeo e na Cidade da Cultura. O propio conselleiro de Cultura e Turismo recoñecía implicitamente este fracaso nunha recente entrevista na que dicía que «o Ano da Lectura quedara eclipsado polo Xacobeo». En definitiva, o 2010 foi outro ano rotineiro para o fomento da lectura en Galicia e en galego, coa excepción das iniciativas privadas e do traballo do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares; iso si, ornamentado con algunhas actividades como o LITVI e a Auria, que a pesar dos elevados orzamentos cos que contaron e cunha organización totalmente privatizada non obtiveron a repercusión agardada. A creación da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivo e a inauguración da Biblioteca de Galicia (prevista xa para o 11 de xaneiro) deberían supoñer un punto de inflexión nesta inquedante anemia, aínda que cos fracos orzamentos aprobados as posibilidades de remontar van ser escasas.
Trackbacks y pingbacks
[…] A celebración de efemérides («Ano de tal ou de cal») constitúe, ademais dun útil recurso didáctico, a posibilidade de orientar ao longo dun ano as políticas sociais, culturais e educativas públicas e privadas (sobre todo no eido da edición e da comunicación) ao longo dun ano cara un tema, problema, personalidade ou obra ou manifestación artística. A experiencia internacional e nacional demostrounos a súa eficacia como mecanismo de rescate ou sensibilización social, mais tamén que sen unha programación axeitada poden constituír o máis rotundo dos fracasos. […]
[…] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado. Manuel Bragado said: «O Ano do Libro e da Lectura que non o foi», anotación no blog, http://bit.ly/gsy4HW […]
Los comentarios están desactivados.