Poema de hoxe 164: «Pero o camiño farémolo» de Darío Xohán Cabana
Pero o camiño farémolo e o sol terá de alumar; a meta será dos homes e o corazón será mar, terra, lume, berro e mar Darío Xohán Cabana
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6813 entries already.
Poema de hoxe 164: «Pero o camiño farémolo» de Darío Xohán Cabana/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Pero o camiño farémolo e o sol terá de alumar; a meta será dos homes e o corazón será mar, terra, lume, berro e mar Darío Xohán Cabana
Nos últimos tres días andei os camiños do país de aquí para acolá apoiando varias presentacións e recepcións de premios de libros da editorial, nese labor imprescindible dos editores de contribuír a facer máis visibles as nosas novidades e catálogos. En todos estes actos percibín unha inequívoca intencón de actualización dos formatos dete tipo de […]
Poema de hoxe 163: «Son aquel eu que sigue o meu camiño» de Xesús Crecente Veiga/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Son aquel eu que sigue o meu camiño mirando arriba, ollando ós horizontes e debullando nun cantar baixiño tristezas de hoxe e alegrías de ontes. X. Crecente Veiga
Poema de hoxe 162: «Gastarei o meu corpo nos camiños» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Gastarei o meu corpo nos camiños até ser po, seixo e silveira Manuel María
Poema de hoxe 161: “Camiño coas pálpebras pechadas” de María Xosé Lamas/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Camiño coas pálpebras pechadas acompasando os pasos cos ecos da nostalxia. María Xosé Lamas
En varias oportunidades abeizoamos a Xavier Gómez Noya, un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos, modelo de superación e compromiso. Hoxe reiteramos as beizóns tras coñecer que engadiu un novo galardón a súa carreira, o Principesa de Asturias. Unha ledicia que non pode aliviar a desolación polo pasamento de Quino Salvo, unha lenda do […]
Poema de hoxe 160: “Anda o Viaxeiro” de Xabier DoCampo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Anda o Viaxeiro para volver, pois son os camiños sempre regresos para encontrarmonos os vieiros que nos levan polos montes e chairas de nós mesmos. Xabier DoCampo
Coincidindo coa súa súa chegada ás librarías, publicamos onte na rede o booktrailer d’ O espello do mundo, a novela coa que se estrea en «Xerais Narrativa» Ramón Nicolás. Tempo haberá de deternos nunha obra con feitío de novela histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás, cuxa abadesa, Ona Guiomar Méndez, mantén unha […]
Poema de hoxe 159: «Oh meus camiños brancos» de Aquilino Iglesia Alvariño/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Oh meus camiños brancos! Meus camiños. Oh meus brancos camiños da ilusión! Aquilino Iglesia Alvariño
Viaxei na tarde de onte a Vilalba para participar no acto de inauguración da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva que este ano celebra o seu cincuentenario. Un acto escolar ben fermoso, unha homenaxe literaria ao autor das Fontiñas no seu propio barrio, coa memoria das abidueiras sempre presente. As intervencións musicais e literarias do alumnado debuxaron un […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
