A presentación de Barreiro
Couselo fixo unha completa crónica da presentación de onte do libro de Xosé Luis Barreiro. O acto foi moi concorrido e as intervención dos dous presentadores e do autor de enorme altura e interese. A intervención de Beiras foi moi brillante: cualificou a obra como “renacentista na medida que propón unha cosmovisión dos problemas actuais do planeta”, considerándoa como “un alegato de esquerda, que a actual esquerda política non fai, sobre a mal chamada nova orde política mundial”. Pola súa banda, Barreiro, nunha intervención de oratoria espectacular (lembrou que un dos seus afoutos paisanos de Forcarei contáralle hai tempo que “eu por un millón de pesetas, mátome”), fixo un chamamento vibrante a recuperar o compromiso moral da política. Creo que o público quedou convencido de que estaba diante dun libro de ciencia política e de praxe de opinión xornalística que merece atención.
unha mágoa q a súa praxe non tivese nada q ver co q actualmente escribe. pero nin isto nin o feito de ter un ego desmesurado obvian que xl é o mellor articulista deste país.
Barreiro é brillante nas súas intervencións públicas, sobre todo se ten ao seu carón figuras dunha talla semellante. Hai un par de anos logrei xuntar en Ourense, nun acto do Liceo que moderei eu mesmo, a X.L.Barreiro, Víctor Freixanes e Ramón Villares. Mágoa non telo gravado! Foi unha tertulia magnífica e o Liceo estaba cheo. Para Manuel Bragado: por que non busca algun xornalista afoutado que os xunte aos tres nunha longa conversa que ata podería rematar en libro? Creo que non sería mala idea, se alguén é capaz de darlle forma. Apertas.
mentres non saian un coñazo-conversas como as de Ferrín e Suso deToro. non vos parece que a xeración que ten cincuenta anos ten moita presa polos funerais en vida??? memorias, conversas de repaso vital…. haberá que matricularse nun ximnasio para manterse en forma