A lingua sabe a pan
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
Coñecino o xoves á noite, cando estaba de viaxe. Daquela publiqueino en twitter e agora podo arquivalo no blog. Unha peza memorable que amosa o amor a lingua de toda unha comunidade educativa, alicerzada polo compromiso do seu claustro de profesorado. Versionar o tema de Siniestro Total, o himno non oficial da miña xeración, é un acerto rotundo. Claro que si, «a lingua sabe a pan» non só no CPI Virxe da Saleta de Cea, tamén en todos en cada un dos nosos centros escolares, nas cociñas e nos salóns dos nosos fogares. A lingua sabe a pan para todos, mesmo para os catro malpoucados que se avergonzan dela. Beizóns para o CPI de Cea por lembralo e polo extraordinario traballo didáctico que supuxo a creación deste lipdub, desenvolvido a partir dunhas palabras de Cunqueiro: «Unha lingua é boa cando sabe a pan fresco». O emprendido en Cea, terra dun dos máis sabedeiros pans galegos, é un dos mellores vieiros para recuperar terreo para o idioma, con entusiasmo, con ledicia, con autoestima. Axuda a difundir a peza: «á lingua sabe a pan».
Esta iniciativa normalizadora , sen dúbida, e unha das máis destacadas do ano. Merece ser recoñecida dalgunha maneira.
Mui pero que mui bó !.
Teño que espallalo dende o meu blogo.
Quedo abraiado, esta vosa iniciativa é sublime, saudos agarimosos e a seguir facendo povo, Grazas por facer que os meus ollos, e demais sentidos poidan disfrutar de algo tan lindo. Merecedes mil CEOS.
Magnifico!!
Pan de Lingua
Da gusto ver cousas como estas, onde un cole é quen de facer cousas xuntos, dende pequenos a grandes, e cun fondo tan importante. Noraboa!