A lingua e as présas de Feijoo

No artigo da semana de Campo de Granada abordo o dilema que debe resolver Feijoo arredor da promoción do galego. Reproduzo o texto xa que non aparece na web de Faro de Vigo.

A lingua e as présas de Feijoo

As declaracións recentes de Alberto Núñez Feijoo sobre a súa intención de recuar dende a Xunta de Galicia nas políticas de fomento do galego son moi preocupantes. Se estes anuncios retrógrados se concretan como primeira medida política do novo goberno, asistiriamos a unha ruptura sen precedentes do consenso autonómico acadado hai case tres décadas arredor do estatuto das dúas linguas que se falan en Galicia. Unha medida que, sen dúbida, esgazaría ao país e a súa cidadanía en dúas metades, o que tería consecuencias políticas e sociais imprevisibles xa que a lingua galega é o primeiro ADN de todos os cidadáns que residimos en Galicia e de todos aqueloutros que aquí deixaron as súas raíces e a levan ou a adquiriron polo mundo adiante. O galego é o idioma que a todos nos abraza (tanto dos que o utilizamos como o dos que prefiren instalarse no castelán), unha raíz chantada no futuro sobre a que todos temos responsabilidade.

No entanto, comprendo que estes anuncios de Feijoo, concretados, polo momento, na intención de derogar o decreto de fomento do uso do galego no ensino, obedecen á súa urxencia por vender o éxito da súa vitoria (e, por ende, a de Mariano Raxoi) á prensa conservadora madrileña, obsesionada na súa persecución das políticas de normalización lingüística, baixo a falsidade de tratarse dunha “imposición” dos partidos nacionalistas cataláns, vascos e galegos. Enredado nesa tea de araña, apupado polas agullas de Jiménez Losantos e Pedro J. Ramírez, o futuro presidente da Xunta realizou na COPE unhas declaracións tan imprecisas como alarmantes sobre a liberdade dos pais para elixir a lingua da aprendizaxe da lectura e das “materias troncais”. Afirmacións que non teñen encaixe coa actual estrutura da rede educativa galega e co desenvolvemento normativo sobre o uso da lingua galega emanado da Lei de Normalización de 1983. Como quere Feijoo organizar os colexios e institutos en función deste modelo de elección? Apoiará a segregación do alumnado en función da lingua vehicular escollida polas familias? Haberá aulas ou centros castelanófonos e outros galegófonos? E os pais e nais que quixeren continuar como modelo lingüístico mixto vixente? En tempos de crise, valorouse o custe económico do modelo? Sendo a primeira medida de goberno, implantarase xa o vindeiro curso? É compatible este modelo de elección co obxectivo, establecido nos currículums vixentes, de que todo o alumnado ao remate da ESO posuirá idéntica competencia no emprego de ambas as linguas oficiais? E que facemos co profesorado?

Mais paradóxico aínda é que estas declaracións de Feijoo á COPE sexan contraditorias co programa do PP-G (presentado como “un contrato integral co pobo galego”). Nesas máis de trescentas páxinas nada se fala dun modelo educativo de elección lingüística, salientándose, pola contra, a aposta dos conservadores polo trilingüismo para todos, co “obxectivo de que ao remate da lexislatura a metade dos centros sexan trilingües impartindo un terzo das materias en inglés, outra en castelán e outra en galega”. Outrosí sucede co espazo dedicado á “Lingua Galega”, onde se recolle a aposta do PP-G “dende as súas fondas conviccións galeguistas para garantir que todos os cidadáns de Galicia puidesen exercitar os seus dereitos lingüísticos en liberdade, e, particularmente, os que elixen o galego, dada a situación de marxinación histórica” ou o seu compromiso de “garantir o equilibrio e proporcionalidade nas materias que se imparten en galego e castelán no sistema educativo, permitindo a necesaria flexibilidade”. Posicións programáticas matizadas, das que podemos discrepar, máis moi afastadas doutras caracterizas pola belixerancia galegófoba.

Señor Feijoo, aclárenos, a que debemos atender: ás súas declaracións a Jiménez Losantos (que o animaba, tamén, a deixar de falar en galego no Parlamento) ou ao programa publicado polo seu partido? O seu goberno vai apostar polas teses de monolingüismo galegófobo defendidas por sectores moi minoritarios como Galicia Bilingüe ou vai facelo pola continuidade das políticas de promoción da lingua galega enmarcadas polo consenso alicerzado dende a Lei de Normalización Lingüística, no que participan todos os partidos e as forzas sociais? Na intelixencia e na afouteza para resolver felizmente este dilema, residirán boa parte das súas posibilidades para que comece sendo o presidente de todos galegos (tamén deses máis de oitocentos mil que non o votamos) ou o primeiro que promoveu dende a Xunta de Galicia políticas de extinción da nosa lingua. Señor Feijoo, nas súas mans queda o futuro do noso idioma. Precisa tempo para resolver un dilema que merece unha reflexión serena e profunda, nesta súa aposta e do seu partido, xogámonos o futuro do ADN de todos os galegos.

23 comentarios
  1. A.C
    A.C Dice:

    D. Manuel, eu k estou seguindo (como pasatempo) as declaracions de Feijoo, non percibo nas suas palabras iso k vostede percibe. Deixolle moi claro tanto a o PJ e a o FJL k nin iba a ver clases aparte, nin discriminacions,(tamen citou o coste k supoñeria) e k o seu idioma e o Galego, pero sin excluir o Castelan. A min a verdade pareceme un home moi sensato, tanto nas suas formas como no seu discurso.Ten fama de bo xestor, e en istos tempos, para a miña modesta e humilde opinion ,e o prioritario, e por iso, creo k o povo Galego lle dou o seu voto.O k non podia ser, por exemplo, e k un presidente de goberno disexe “Galicia” e o seu vice “Galiza”.Demoslle un marxe de actuacion a Feijoo, e xa veremos como respira

  2. Outro do norte
    Outro do norte Dice:

    É lóxico que vostede o vexa así, señor A.C., a xulgar polas achegas que vén deixando no blog do señor Brétemas e que leo con interese. Como é natural, o señor Feijoo non vai ser tan parvo como para dicir en público as súas verdadeiras opinións sobre o galego. Nin as súas nin as dos poderes aos que representa. As cousas sempre se disfrazan con grandes palabras que quedan moi ben, lembre os estropicios e as rapinas da administración Bush en nome da liberdade e da seguridade. Como ben di, habemos ir vendo as súas obras neste tempo que vén. Se é que nolas conta alguén, que o panorama informativo anda ultimamente moi escorado para o lado dos cartos.

  3. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Eu teño ben claro que a política lingüistica do bigoberno-bipartito, foi o “motivo-bandeira” do descalabro. O que non se pode permitir é poñer unha política lingúística por riba do dereito fundamental das persoas a elixir. Iso responde a unha necesidade de demostrar quén manda, porque de todos é sabido que se deixamos elixir á xente, a gran maioría non escollería o modelo lingúístico nacionalista.
    Por outro lado, paréceme bastante pretencioso, chamar galegófobo a todo aquel modelo que non sexa o escollido polos xestores do voto do 15% dos votantes. Os representantes dese 15% fixéronse coa bandeira de salvadores do galego, cousa que ninguén lles pediu. O galego é de todos como Manuel ben di neste artigo, dos que o queremos por natureza, e os que queren que o queramos por imposición.
    Tamen me parece bastante pretencioso, chamar minoría a movementos como “Galicia Bilingúe”. Non estou de acordo con este movemento, pero penso que teriades que vos baixar da vosa nube, e pensar que non só pensan asi os que foron a santiago hai unhas semanas.
    Por último: Este mismo mes teño que escolarizar o meu fillo maior por primeira vez. Se podo elixir, escollerei un ensino 100% en galego (se a miña muller esta de acordo). Hai 10 días escollería 100% castelan. Espero unha reflexión de vagar…
    Bicos

  4. Outro do norte
    Outro do norte Dice:

    Leo agora con atención as reflexións de Marcos Piñeiro Paz. Hai algunhas que me parecen estupendas. Coma tal, o galego é de toda a cidadanía, non de ningún partido concreto. Así que, cando falamos da lingua, convén non identificar con posicións partidarias. A lingua é transversal.
    Co que non podo concordar é coa referencia á pretendida “imposición”. Se vostede repasa o decreto sobre o galego no ensino, verá que o que se pretende con el é conseguir que o alumnado teña unha boa competencia nas dúas linguas oficiais. Para que logo despois cadaquén utilice a que queira, con liberdade, sabendo que ninguén lle vai dicir “yo a usted no lo entiendo”. ¿Onde está a imposición?
    Porque, se se dá esa liberdade de elixir da que vostede fala, téñao por seguro: os escolarizados en galego aprenderán as dúas linguas; os escolarizados en castelán, non aprenderán galego. Aí si que non hai volta de folla.
    Por certo, o decreto citado foi elaborado por Educación, unha consellería do PSOE, e baséase no Plan Xeral de Normalización promovido polo PP no 2004 e asumido polas outras dúas forzas do Parlamento (é dicir, os dese 15% ao que vostede se refire tiveron escasa posibilidade de opinar niso. A cada quen o seu, non se fíe das mentiras dos xornais).

  5. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Eu tamén leo con atención as súas reflexións, “Outro do norte”. Matizacións.
    Primeiro:No tema da “imposición”, unha cousa moi distinta son, o que se di no decreto do galego no ensino, outra distinta o que era efectivo, e outra moitísimo máis diferente o que aos representantes dese 15% lle gostaría que fose.
    Segundo: O tema do galego non se cingue exclusivamente a educación. Teño eu todo o meu dereito en que a miña relación coa administración da xunta, deputacións e locais, sexa en calquera das dúas linguas cooficiais. No momento en que iso este garantido, eu escollerei sempre o galego. Polo de agora, esixo que se me atenda en castelán dado que moitos dos impresos a cobrer, estan sómentes en galego. Non sei se a iso se lle pode chamar imposoción ou non.
    Sen dixares de lado, o reparto de subvencións e multas en función dos rótulos dos negocios etc… o mellor tampouco se llepode chamar imposición…
    Terceiro: Lendo blogs, columnas de opinión, artigos e demáis de xente afecta a parte nacionalista do bigoberno- bipartito, percibo unha constante chamada de atención sobre a influencia que os xornais, o “neocom xornalístico”, os medios de conservadores de Madrid etc… exerceron sobre a opinión pública galega nestas eleccións. Faise sempre cun tono moi displicente cara o electorado, como que son rebaño que se deixa levar a vontade de non sei qué poderes fácticos…
    Por favor, menos insultar e máis se ollar o propio embigo. Nin un só debate sobre premisas orixinalmente erróneas, nada de autocrítica… percibo soberbia.

    un saúdo “Outro do norte”

  6. Outro do norte
    Outro do norte Dice:

    Agradécese o ton da resposta, señor Marcos. A miña tamén tenta ir nese ton, o único que paga a pena. Así que non meta no mesmo saco todo o que le pola Rede. Seguro que hai polo menos catro ou cinco sacos distintos. A min non me meta nin no dos que ven ovellas por aí, nin no da soberbia, nin do que non sabe de autocríticas. Métame noutros, se quere, pero atine ben. Eu, por exemplo, estaría moi a gusto no de El voto con botas (http://votoconbotas.trincheradigital.com/). E se ve algún insulto nas miñas palabras, avise.

    Aquí van logo as miñas matizacións:
    – O decreto do galego no ensino hai que xulgalo polo que pon e polos obxectivos que pretende. O resto, o que din que pasa nalgúns centros ou pasa noutros, ou o que lle gustaría a determinada xente, non pasan de ser anécdotas. Así que teclee en Google “Decreto 124/2007”, se lle apetece, e aí o ten á súa disposición. O que si me pareceu un escándalo no seu día foi que a Consellería de Educación sacase o decreto e se negase a dar nin a máis pequena medida explicativa á sociedade. Aí si que alguén nos tomou por ovellas parvas.
    – En canto á segunda cuestión, eu non podo chamarlle a iso imposición, porque é precisamente unha medida para conseguir a igualdade que vostede demanda (e eu tamén). Está no Estatuto de Autonomía; os lexisladores pensárono como unha medida para camiñar cara a unha cooficialidade real, dada a situación de marxinación que sufría, e sufre, o galego nos ámbitos formais. ¿Teremos que botar abaixo tamén o Estatuto?
    – Concordo en que sería unha imposición as multas aos rótulos dos negocios. Mais non as subvencións, que buscan precisamente ese equilibrio do que vostede fala. Pasee por onde vostede viva e conte os rótulos en galego e en castelán, a ver que lle sae.
    – Sobre o dos blogs e demais non lle digo nada, cada un que terme do seu. Sobre o dos xornais diríalle moito, mais xa o dixeron outros mellor ca min (por exemplo, El voto con botas, gran blog).
    Saúdos, señor Marcos.

  7. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Ben rubenpardinhas, paréceme bastante demagóxico.É bastante obvio que no caso dos dous exemplos que ti pos, estou provocando un mal os demáis. No caso de poder escoller a lingua que eu quero que se me atenda na administración, ¿qué mal che fai a ti?. En canto o das sentencias do tribunal ¿constitucional? a relevancia é nula, en canto a que como “é un contido prestacional que deciden as autoridades competentes”, agora chega outro goberno, que decide doutra maneira, e tamen é competencia súa. Mira, non hai máis sentencia que o que dicta a constitución, e se non gusta, a cambiala, pero isto non ten máis leria.
    saúdos Ruben

  8. Outro do norte
    Outro do norte Dice:

    Como se incorporou o señor rubenpardinhas, xa non sei se desvío un pouco a conversa, confío en que non sexa así. Ao novo interlocutor podo dicirlle que, unha vez lidos os xornais de hoxe, vaia encargando os planos para o casopo en Lapamán: veñen bos tempos para tunear a beiramar, non había máis que ver a foto extraordinaria que viña hoxe nas páxinas de Galicia de El País, con Fontenla, Alvariño e Feijoo. Mágoa non ter aquí un Millás para comentala!!
    Respecto do anterior, só quero matizar unha cousa, con todos os respectos: se se produce a segregación nas aulas, haberá axiña un sector da sociedade que non teña competencia en galego. Daquela eu, como galego falante, verei drasticamente reducidas as miñas liberdades individuais. Por que? Porque calquera me poderá dicir que non me entende, que lle fale en castelán (o de por favor, será optativo). Ao revés nunca sucederá, porque todos os galego falantes temos tamén competencia en castelán, obriga que está moi ben recollida no artigo 3 da Constitución. Claro que quizá a liberdade individual dos galego falantes non paga a pena protexela.

  9. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Non, Ruben non. Que o novo goberno decida doutra maneira non esixe derogar a lei. Simplemente aplicar aquelo que di a lei, que non é outra cousa que cada alumno ten o dereito a ser escolarizado na súa lingua materna, sexa esta cal sexa. Evidentemente, isto non da ningún dereito de elección e é verdade que non existe, simplemente non OBRIGA. O Tribunal Constitucional, por certo, da ou quita razóns por moitos motivos que non só se cinguen ás leis, se non tamén ós procedementos, tal e como pasou onte sen ires máis lonxe co tema dos “cursos puente” que a ministra quixo poñer en práctica. Isto non quere decir que non sexa constitucional, se non que o procedemento seguido para tratar de aplicar esa nova lei non é correcto, que non anticonstitucional. ergo o que di o TC non é o que di a Constitución, necesariamente.
    Seguindo co tema das fachadas ou dos montes comunales, repito o mesmo que no anterior comentario. Eses son bens e cuestións comúns que temos que regular entre todos por un beneficio común. A miña relación coa administración é miña, e isto non é fanatismo individual, senon senso común.
    Con respecto a iso de deixar a linguia galega sen protección, eso é unha visión apocalíptica -moi semellante o de destruir a Catedral de Santiago ou as Fragas do Eume- teño que dicir que a lingua galega superou os anos escuros, o máis furibundo Franco, e outras moitas calamidades. ¿Quén lle puso o cartel de perigo de extinción? ¿quén ten interese en poñer en dúbida a súa continuidade? ¿quén lle deu a ninguén o cartel de salvador de nada? ¿Quén llo pediu? O único que hai que garantir e a coexistencia das dúas linguas. O que pasa e que hai xente que tendo o respaldo dun 18% dos votantes, quixo impoñer o 82% restante os seus caprichos. Cómo se lle chama a iso?? ¿Oligarquía quizás?

  10. eumesmo1
    eumesmo1 Dice:

    Marcos miña nai meu pai miña irmá som votantes do psoe e están a favor da normalización do galego e teño outro irmań ao que lle refanfinfla o idioma el prefirirìa o ingles asique a el se lle impon o galego e o español pobre del, asi que iso de que 82% tas equivocao os ex votantes do psoe contrarios a normalización foron os 20000 votos dos upeideiros e os 750000 do PP se somos case 3.000.000 de galegos(ou cidadans españois da comunidade autonoma de Galicia) que porcentaxe hai de antigalegos

  11. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Eumesmo, as porcentaxes das que falo son de votantes, non de galegos. Non simplifiques as cousas. Eu non son nacionalista e son tan galego e amante do galego como calqueira, e non teño complexos deses de se son máis galego que español ou o revés. Eu son o que son goberne que goberne. Eses problemas pa outros

  12. bretemas
    bretemas Dice:

    As miñas maiores desculpas para Ruben e Marcos. Algúns dos vosos comentarios desapareceron por mor dunha utilidade de blogaliza (o spam karma) que os eliminou. Contactando co blogaliza recuperei uns cantos; porén, por erro, meu, media ducia deles foron a papeleira. Insisto nas miñas desculpas. O descoñecemento da nova ferramenta provoca estes problemas. Agradezo moito o debate democrático, cun alto nivel de disenso, coma neste caso veñen mantendo Marcos, Rubén e Outro do Norte (entre outros comentaristas). Grazas, pois. Agardo que a partir de agora non se repitan estes problemas.

  13. rubenpardinhas
    rubenpardinhas Dice:

    Bueno, antes de nada vou reproducir aquí as miñas mensaxes perdidas (das que por sorte gardei copia), reconstruíndo a conversa con Marcos Piñeiro. A miña primeira intervención foi:

    Marcos: dis que “o que non se pode permitir é poñer unha política lingúística por riba do dereito fundamental das persoas a elixir.” Deixando á parte o feito de que varias sentenzas do Tribunal Constitucional resolveron que o idioma vehicular no ensino non é opcional por formar parte do contido prestacional que deciden as autoridades competentes (igual ca os temarios de Historia ou de Matemáticas), sentenza incómoda pero que podemos, cun pouco de esforzo, incumprir, que che parece se facemos por promover outras ideas semellantes, como:

    O que non se pode permitir é poñer unha política de protección medioambiental por riba do dereito fundamental das persoas a elixir.

    Eu hai anos que teño elixida a praia de Lapamán para construírme un casoplón, pero os cabróns da Xunta non me deixan, malditos! Ou tamén:

    O que non se pode permitir é poñer unha lei de patrimonio histórico por riba do dereito fundamental das persoas a elixir.

    Pois o mesmo, máis ou menos: que non me deixan elixir a cor da fachada do edificio onde vivo, simplemente porque está no centro de Compostela e foi construído no século XVIII, co chulo que o imaxino eu todo de verde fosforito. Por que será que non me deixan?

    Marcos respondeu o 11 de marzo ás 9:49:

    Ben rubenpardinhas, paréceme bastante demagóxico.É bastante obvio que no caso dos dous exemplos que ti pos, estou provocando un mal os demáis. No caso de poder escoller a lingua que eu quero que se me atenda na administración, ¿qué mal che fai a ti?. En canto o das sentencias do tribunal ¿constitucional? a relevancia é nula, en canto a que como “é un contido prestacional que deciden as autoridades competentes”, agora chega outro goberno, que decide doutra maneira, e tamen é competencia súa. Mira, non hai máis sentencia que o que dicta a constitución, e se non gusta, a cambiala, pero isto non ten máis leria.
    saúdos Ruben

    Eu entrei de novo e escribín:

    Pero Marcos, claro que o novo goberno pode decidir doutra maneira, pero facelo esixe derrogar a lei. Facelo non implicaría recuperar ningún dereito de elección de lingua no ensino, que non existe. Isto é o que resolveu o Tribunal Constitucional, que é como dicir a Constitución, por certo. Non existe ningún dereito das persoas a elixir a cor da fachada do edificio onde viven, nin tampouco un dereito a queimar o monte por moi comunal que sexa. Todas estas cousas tamén dependen de decisións das autoridades competentes. Pero pensa que non foi sempre así (trátase de medidas de protección que os gobernos decidiron aplicar nun momento dado), e nada indica que teña que ser así sempre.

    Claro que se poden eliminar as leis medioambientais se os nosos políticos deciden, coa nosa aprobación, que paga máis a pena unha industrialización salvaxe que un contorno ben conservado! Claro que se poden derrogar as leis de patrimonio histórico, se todos chegamos á conclusión de que non paga a pena conservar os cascos vellos das nosas cidades, que nos impiden construír modernos e espaciosos rañaceos. Isto non é demagoxia, Marcos, isto pasaba hai ben pouco, e pode pasar outra vez, se nós queremos. Igualmente, o decreto do ensino ou as leis de política lingüística poden ser derrogadas, por suposto, se pensamos que xa non paga a pena gastar cartos nunha lingua que nunca terá a utilidade do castelán. Todo son diferentes opcións, e ollo que eu non digo que sexan unhas máis democráticas que outras; só digo que as que regulan esta clase de patrimonio coartando, si, a liberdade das persoas, reportan máis beneficios que males. Porque repara nunha cousa, decote esquecida polos que repiten seguido a cantinela de que os dereitos pertencen ás persoas, non ás linguas (nin aos edificios nin os bosques):

    A quen, prexudico, persoalmente, queimando as fragas do Eume? A quen prexudico, persoalmente, derrubando a catedral de Santiago? Non se tratará en realidade de prexuízos á comunidade, (ese ente incomprensíbel para os fanáticos do individualismo), prexuízos do mesmo tipo que o infrinxido ao deixar a lingua galega sen protección?

    Un saúdo.

    E Marcos respondeu, ás 2:01 do 11 de marzo:

    Non, Ruben non. Que o novo goberno decida doutra maneira non esixe derogar a lei. Simplemente aplicar aquelo que di a lei, que non é outra cousa que cada alumno ten o dereito a ser escolarizado na súa lingua materna, sexa esta cal sexa. Evidentemente, isto non da ningún dereito de elección e é verdade que non existe, simplemente non OBRIGA. O Tribunal Constitucional, por certo, da ou quita razóns por moitos motivos que non só se cinguen ás leis, se non tamén ós procedementos, tal e como pasou onte sen ires máis lonxe co tema dos “cursos puente” que a ministra quixo poñer en práctica. Isto non quere decir que non sexa constitucional, se non que o procedemento seguido para tratar de aplicar esa nova lei non é correcto, que non anticonstitucional. ergo o que di o TC non é o que di a Constitución, necesariamente.
    Seguindo co tema das fachadas ou dos montes comunales, repito o mesmo que no anterior comentario. Eses son bens e cuestións comúns que temos que regular entre todos por un beneficio común. A miña relación coa administración é miña, e isto non é fanatismo individual, senon senso común.
    Con respecto a iso de deixar a linguia galega sen protección, eso é unha visión apocalíptica -moi semellante o de destruir a Catedral de Santiago ou as Fragas do Eume- teño que dicir que a lingua galega superou os anos escuros, o máis furibundo Franco, e outras moitas calamidades. ¿Quén lle puso o cartel de perigo de extinción? ¿quén ten interese en poñer en dúbida a súa continuidade? ¿quén lle deu a ninguén o cartel de salvador de nada? ¿Quén llo pediu? O único que hai que garantir e a coexistencia das dúas linguas. O que pasa e que hai xente que tendo o respaldo dun 18% dos votantes, quixo impoñer o 82% restante os seus caprichos. Cómo se lle chama a iso?? ¿Oligarquía quizás?

    En breve seguimos, ok, Marcos? Graciñas polo diálogo e graciñas tamén a Brétemas pola seriedade na xestión do blogue.

  14. rubenpardinhas
    rubenpardinhas Dice:

    Segunda intentona (definitivamente estou gafado con este blogue). Bueno, antes de nada vou reproducir aquí as miñas mensaxes perdidas (das que por sorte gardei copia), reconstruíndo a conversa con Marcos Piñeiro. A miña primeira intervención foi:

  15. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Quedei un pouco perdido. Xa sabía eu que este tema do “Karma”, non nos beneficiaba en nada os galegos. Cachis!!!
    En calquer caso, gustei moitísimo deste debate, e se algún de vós sentiuse ferido por algún comentario, mil perdóns. Se algún de vós se “reatopa” por aquí, estarei moi gustoso de continuar esta ou calqueroutra conversa.
    Son asiduo lector e admirador de Brétema, e el ben o sabe.
    saúdos

  16. rubenpardinhas
    rubenpardinhas Dice:

    Marcos: vou deixar á parte o tema das sentenzas do TC; para min non son o esencial, pois estarás comigo en que non son palabra divina (tampouco a Constitución é algo absoluto e intocable, por certo). Tan só remitir a quen lle interese a este libro, que recolle os relatorios dunhas xeiras ben interesantes e onde podemos ler, no texto de Alba Nogueira (páxina 87):

    O Tribunal Constitucional xa na Sentenza 88/1983 estableceu que “unha regulación dos horarios mínimos que non permita unha ensinanza eficaz de ambas as dúas linguas incumpriría o art. 3 da Constitución”. Deixábanse así abertas as portas a modelos de inmersión lingüística ou a modelos de convivencia lingüística, de maneira que serían as autoridades educativas as que debían fixalos coa premisa de que uns ou outros permitisen acadar o obxectivo de capacitación nas dúas linguas oficiais. En definitiva, non sería o obxectivo do sistema educativo buscar o equilibrio nas horas dedicadas a cada lingua, senón adaptar eses horarios ás necesidades específicas de capacitación requiridas por cada unha das linguas oficiais.

    O importante de verdade, o que marca unha diferenza fundamental para crer ou non pertinente a protección da nosa lingua igual que protexemos os nosos montes e o noso patrimonio artístico (coartando, si, a liberdade dos cidadáns nos tres casos), está, como dis ti, en considerar ou ben real ou ben un invento de non sei que oligraquías feitos como a progresiva diminución no uso do galego. Son visións distintas, efectivamente. E repito: ningunha é máis democrática ca outra. Eu simplemente amplío á lingua galega o ámbito de aplicación desta razoable frase túa:“Eses [o monte, o patrimonio histórico] son bens e cuestións comúns que temos que regular entre todos por un beneficio común.” Paréceche realmente tan distinto o galego dos outros bens comúns?

    Por certo, está claro que hoxe non nos tomaríamos en serio a alguén que dixese que o deterioro das murallas de Lugo alimentan o cotarro de intereses dos arqueólogos e restauradores. Pero lembremos que non hai moito tempo, cando a conciencia conservacionista sobre o patrimonio arquitectónico aínda non estaba desenvolvida, xente como John Ruskin clamaba:

    “Velad con vigilancia sobre un viejo edificio; guardadle como mejor podáis y por todos los medios de todo motivo de descalabro. No os preocupéis de la fealdad del recurso de que os valgáis; más vale una muleta que la pérdida de un miembro. Y haced todo esto con ternura, con respeto y una vigilancia incesante y todavía más de una generación nacerá y desaparecerá a la sombra de sus muros. Su última hora sonará finalmente; pero que suene abierta y francamente y que ninguna intervención deshonrosa y falsa venga a privarla de los honores fúnebres del recuerdo.”

    É esta a actitude coa que queremos afrontar a recuperación do galego? Conservalo, pero sen pasarse? Eu sei ben a quen benefician estes romanticismos. Oxalá Feijoo ou Galicia Bilingüe fosen tan claros coma ti, Marcos; non perderíamos tanto tempo.

    Un saúdo.

  17. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Parece que isto xa funciona. ben Ruben, a mi paréceme tan importante ou máis o galego coma as muraias, os montes etc…, eso nunca o puxen en dúbida. O que puxen enriba da mesa, é o meu trato coa administración, por exemplo. A ninguén lle afecta máis que a min, en qué idioma me queira dirixir a un funcionario ou cubrir un impreso.
    E garántoche que se teño as dúas opcións, escollerei o galego, pero tamén te garanto, que si so hai impresos en galego, porei unha reclamación.
    Co respecto o párrafo no que se comenta a resolución da sentencia do TC, é ben claro que para acadar esas necesidades de capacitación e cada unha das linguas, será necesario que sexan moitas máis as horas que se den en galego que en castelán, posto que a maioría dos nenos galegos son castelan falantes. Ahi esta o gran erro… xa que no rural que é donde hai unha abrumadora maioría de nenos galego falantes, non se dan a maior parte das horas en castelán, polo que se esta rompendo o equilibrio, hai unha clara tendencia a favorecer a un dos idiomas non co fin de “acadar o obxectivo de capacitación en ambas linguas”, senon de impoñer un criterio ideolóxico por riba dos dereitos dos nenos.
    Que noinguén se equivoque, por favor. Son un amante moi apaixoado do galego, pero que ninguén me obrigue a querelo…
    Saúdos Ruben

  18. rubenpardinhas
    rubenpardinhas Dice:

    Marcos: a política lingüística a prol do galego non deixa de ser un caso máis de discriminación positiva; só hai que dicir se estamos a favor ou en contra.

    Por outra banda: penso que idealizas a situación lingüística no rural, ou cando menos andas un chisco desfasado. Na faixa dos rapaces, hoxe, non hai “abrumadoras maiorías de galegofalantes”, en parte porque xa case toda a poboación mudou a cidades e vilas.

    Un saúdo.

  19. Marcos Piñeiro Paz
    Marcos Piñeiro Paz Dice:

    Vale Ruben, pero si mudou ás cidades, xa non é población rural. Eu posicionome en contra de esta forma de interpretar o decreto, de tentar de excutar e impoñer esta “política de discriminación positiva”.
    Mira, por ir resumindo, Ruben: ültimamente, en todas as eleccións, xurde o tema dos partidos da marca ETA que se presentan cun nome ou outro no Pais Basco. Sen entrar a debater se se lles debe deixar concorrer ou non, todos sabemos que son ETA. Máis aló de que un a fiscalía do estado trate de impugnar ou non, por motivos máis ou menos políticos, todos sabemos que son ETA. Máis aló de que logo o TC liegalice a estas formacións, todos sabemos que son ETA.
    Se queres podemos frivolizar: Se o dianteiro marca un gol en fora de xogo, o xuiz de liña e mailo árbitro, poden dar gol, pero tí e mais eu sabemos que é fora de xogo porque o miramos na tele. Sobe ó marcador, si, pero é fora de xogo.

    Pois exactamente o mesmo me pasa a min, non coa a política de “axuda” ó galego, se non coa maneira en que se tentou executar por parte dos nacionalistas, e polas intencións que intúo tiñan con estas políticas. Poden dicir misa, pero eu teño claro por onde vas os tiros.

    Seguramente estarei equivocado, pero teño un convencemento moi grande na miña equivocación

  20. rubenpardinhas
    rubenpardinhas Dice:

    Que o BNG pretendía lexislar para unha sociedade que en realidade non existía? Niso concordo contigo, Marcos, pero tamén concorda Quintana, que o di no documento que fixo rular cando presentou a dimisión. Eu penso que o nacionalismo actuou de boa fe, pero cun descoñecemento abraiante da españolización (ligüística, clutural) da sociedade galega. É como se, volvendo ao exemplo do patrimonio histórico, a alguén se lle ocorrese en pleno desarrollismo dos anos 60 declarar patrimonio da humanidade o casco vello de Marbella: non se decata de que os intereses dos paisanos son ben outros. Para min, xa digo, é moi triste. Como xa dixen aquí, o único consolo é pensar que todo isto é unha viaxe en ida e volta continua.

Los comentarios están desactivados.