A hora de Galicia
No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o axuste da hora de Galicia. A verdade é que ben diferente á do editorial de hoxe do propio Faro.
No artigo da semana propoño unha reflexión sobre o axuste da hora de Galicia. A verdade é que ben diferente á do editorial de hoxe do propio Faro.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Está visto que vivimos nunha sociedade ben conservadora e que fala da feira non segundo lle vaia nela, senón en función de quen veña a organizala.
Se cambiásemos a hora, no tempo libre, non fariamos o mesmo ao mesmo tempo? Só que lle chamariamos as nove ás horas do solpor de xullo (na praia onde xa levariamos máis tempo, porque mira, se aínda son as once… un domingo de mañá longa na cama, canto tempo que non perdemos!). Os días libres durarían máis porque sería máis natural aproveitalos.
Se cadra precisamente o horario laboral e cultural español actual, totalmente anti-natura, non será o resultado dun intento desesperado de adaptación ao medio luminoso? Será por iso que o facemos todo máis tarde?
Pregúntome se teriamos dereito a referendum para decidir a cuestión.
Grazas polo artigo, brétemas! Un raio de sol (á hora) no medio de tanto conspiracionismo editorial.
Nin estando a outros 500 km de Madrid nos deixarían ter a nosa hora natural. Dende a capital ven esta medida como un elemento diferenciador máis, unha proposta dos separatistas que só queren romper a sacrosanta unidade nacional…
Eu creo que o mellor, tanto dende o punto de vista enerxético como o práctico sería que toda a península estivese na sua hora natural, que é a mesma que a de Inglaterra, Irlanda, ou Marrocos.
Ainda que tampouco estaría mal estar a unha hora do resto e tirar proveito da publicidade extra nos boletíns informativos (…una hora menos en Canarias y Galicia).
Concordo contigo, Pablo.
Por certo que en Marrocos son DÚAS horas menos..!
Concordo co editorial do Faro e cos que pensan que unha medida desta natureza non deixa de ser un brinde ó sol cando o que se está a xogar a formación nacionalista é moito máis ca un cambio de hora. O accidental polo sustancial. Así estamos.
os do bng, por conseguir que se fale deles e por facerse os diferentes, xa non saben que inventar…
Eu teño que dicir que estou de acordo con atrasar unha hora o reloxo. De feito sería mellor que foran dúas horas, xa que así faríamos coincidir o horario artificial co natural. Lograríamos que amañecera antes, co que as plantas poderían comezar a súa función clorofílica coa saída do Sol, e non terían que agardar a que soara o espertador, como sucede agora. Tamén axustaríamos as mareas, de tal xeito que os nosos mariñeiros sairían pescar á hora natural sen ter que agardar a que fora a hora de ir pescar, como se fai na actualidade.
E non é coña. Os bombeiros non chegarían ao monte dúas horas despois de que este comezara a arder (o lume vai polo horario natural, é o que ten), as remolcadoras terían chegado dúas horas antes desde Xixón cando o do Prestige, e a boa hora (nunca mellor dito) lles había de entrar a auga nas casas en Vilagarcía se os veciños tiveran os reloxos na hora natural e non na de Madrid. E ao mellor, se a algunha lumbrera lle tiveran dado dúas horas máis para reflexionar, o monte Gaiás inda estaba a toxos e flores.
En todo caso, e por se atrasar os reloxos non servira para arranxar os nosos problemas reais, ter en conta que a lo menos serve para esquecelos mentres nos distraemos (ou nos distraen?) falando do asunto.
Agardando que desta volta se me entenda ben e ninguén se me enfade, e como xesto de boa vontade, fago a seguinte proposta festiva: a unha da mañá do día 1 de xaneiro, como é costume, na tele dan as badaladas desde o Cabildo de Tenerife, así que se agardamos podemos tomar as uvas no noso horario natural. Iso si, se ninguén o remedia, vai ter que ser na televisión española.