A Cova das Vacas Mortas

Hoxe aparece a primeira crítica sobre a última novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2006 de literatura xuvenil. A crítica de Isabel Soto é moi boa, chamando á lectura:

“En definitiva, o conxunto conforma unha suxestiva historia que ha espertar a curiosidade do lector pola súa lograda construción e a intelixente dosificación de elementos reais, ao servizo das necesidades ficcionais (comunidades hippies e nazis en Galicia, inversión de papeis, o pasado do avó e a súa decisión de morrer canda as súas lembranzas, a funcionalidade da cineasta alemá, os presupostos nazis ante os que tomar partido, a actitude do sinistro profesor Robles…). Engadamos a axeitada combinación de ritmo e intriga, o acerto no ton narrativo, a prosa áxil e a naturalidade dos diálogos, e teremos como resultado unha narración á que lle auguramos éxito entre os lectores”.

A Cova das Vacas Mortas presentarase nas próximas semanas (anunciaremos data axiña), coincidindo coa apertura da nova Biblioteca da Fundación Caixa Galicia en Compostela. Logo, temos previsto unha presentación virtual da novela, con presenza de blogueiros en Vigo (quen queira apuntarse que mo faga saber), ademais da apertura dun sitio web específico da obra (quedou moi xeitoso).

Hoxe, tamén, pechamos o compromiso da edición de Salitre (xa vai na 4ª edición) en castelán, o que constitúe un feito moi a salientar.

20 comentarios
  1. ...E o chocolate espeso
    ...E o chocolate espeso Dice:

    Se Jaureguizar espera consagrarse coas babecadas de Isabel Soto vai dado. E vde., Sr. Bragado, non debería acreditar en comentaristas de tan baixa caste.

  2. Veloso
    Veloso Dice:

    Isto é o malo de Internet. Calquera pode adoptar o alcume que lle pareza e insultar aos demais con toda impunidade. Sería moito pedirlle ao tal Chocolate Espeso que razoase minimamente a súa opinión? Non sei se a novela de Jaureguízar é boa, mala ou regular. Pero en todo caso considero que a crítica de Isabel Soto (a quen coñezo e aprecio, aínda que hai case unha década que non nos vemos) merece un mínimo de respecto. Perdoe a irrupción, Brétemas, e permita que aproveite a ocasión para felicitalo e felicitarme polo éxito do Bernabeu do outro día.

  3. folerpa
    folerpa Dice:

    Esquecíame. Supoño que a aditorial xenerosoa cos participantes nesa virtual presentación fará un envío previo do libro para a súa lectura crítica.
    Jaure non chega con miralos. Hai que levantar o cu do sófa e practicar ese prodixioso xogo de pernas de Alí.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Señor Veloso, Isabel Soto é, ao meu ver e ao de moit@s coleg@s da universidade,un claro exemplo da endogamia que padecemos no sistema literario galego.Como crítica literaria non ten ningún nivel, repite naderías mal asimiladas.

  5. leco
    leco Dice:

    Moi interesante! 🙂
    Podería concretar un pouquiño en que consiste o convite para blogueiros? Trátase dunha presentación virtual para seguir e participar desde calquera ordenador conectado á Internet?
    Haberá unha presentación sinilar na Coruña?

  6. A Raíña Vermella
    A Raíña Vermella Dice:

    Non lin o libro de Jaureguízar, pero creo que a literatura xuvenil en canto tal merece unha reflexión a fondo. É necesario escribir obras especificamente para xente nova (que non para nenos)? A literarura “adulta” non reviste interés a esas idades? E se é así, por que? Por outra banda,significa literatura xuvenil, literatura de segunda, de menor calidade? Non afirmo nada, só interrogo(me). Un saúdo.

  7. Omar
    Omar Dice:

    O señor (ou señora) Chocolate Espeso (e Pezoñento!, calquera o bebe!) debera de facernos o favor completo e informarnos de quen son os comentaristas “de alta caste”. Se, de paso, atende o pedido do señor Veloso, pois mellor que mellor.

  8. veludo
    veludo Dice:

    Veloso di: “Isto é o malo de Internet. Calquera pode adoptar o alcume que lle pareza e insultar aos demais con toda impunidade”.
    Eu digo: “tamén pode loubar con toda impunidade”
    E, sen alcume e con nomes propios, tamén un pode buscar complicidades, pagar favores ou pretender canonxías. O anonimato tenche o seu aquel transgresor e impío.
    E o malo de internet somos nós. Pero tamén o bo. Qué carallo!

  9. Brétemas
    Brétemas Dice:

    O problema creo que non é nin o anonimato nin o nominalismo de determinados comentarios. A cuestión está na racionalidade ou non das opinións que se verquen e a forma de expresalas. Ofender, descualificar ou minusvalorar as persoas non é o mellor vieiro para abordar un debate intelixente, sexa sobre cuestións literarias (como as deste post), políticas ou de calquera outra clase. Un pouco de sentidiño tamén debería ser outra das características deste soporte de expresión en liberdade. Ou non?

  10. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Mire, Pawley, abondoume coa que me deu na entrega do Xerais. ¿Aínda lle queda algo novo que contarme sobre ela? Non o podo crer. Ben, resignareime; todo sexa por dar a coñecer o libro…

  11. O anónimo covarde
    O anónimo covarde Dice:

    O problema do nominalismo é que seguimos a reproducir comportamentos de aldea. A nosa literatura é un couto tan fechado que os que non se coñecen hanse coñecer axiña, pero iso, en si mesmo non sería malo se non fose polos odios eternos que conlevan certas diverxencias. Sexamos sinceros, neste país lévase moi mal a discrepancia de opinión, moito máis se antixe a un mesmo, por iso é mellor curarse en saúde.
    En canto a Jaureguízar creo que, por riba de escritor é todo un personaxe demasiado afeccionado á polémica. Poucas cousas interesante del teño lido, aver se esta vez se esmerou un pouco máis.

  12. Un da aldea
    Un da aldea Dice:

    E dálle coa aldea! Hai uns días, Marta Rivera de la Cruz, aproveitando o seu Planeta para chamarnos aldeanos por excluíla (sic). Agora, o Anónimo Cobarde sae co dos “comportamentos de aldea”. E logo que ten a aldea?

  13. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Anónimo Covarde, exhibe vostede un cinismo estupendo. Sanciona o mesmo que practica. E os que asinamos co nome real somos “afeccionados á polémica”. Levo un tempo intentando que os debates e as críticas se produzan cara a cara porque non debería amolar a ninguén que os seus libros non gusten. Dende logo non é o meu caso. O que me amola moito son as persoas covardes e con cara dura.

  14. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Considero que responder é darlle de comer ó troll (non no sentido do blog, ai o troll son eu) senón no literario. Se quere polémicas que lle dean máis publicidade há de buscalas por outro lado, ou probar a mudar o seu xeito de escribir. (Todo isto dígoo con toda a sincera cordialidade de que me creo capaz).

Los comentarios están desactivados.