Herminio Barreiro: «Refundar a educación para refundar a esquerda»
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/wI7i4U1933k" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Herminio Barreiro na súa derradeira intervención política, en Santiago o o 5 de xuño de 2010, no acto de «Refundando a Esquerda», leu un texto titulado «Refundar a educación para refundar á esquerda», que hoxe recomendamos moi vivamente.
Un documento político e pedagóxico extraordinario que nos deixa o grande mestre como un testamento para todos os seus alumnos e camaradas. Herminio reivindica unha educación nova que nos estimule, nos concite, nos una nun proxecto de nación para unha Galicia dona de si. Unha educación creativamente política, crítica, innovadora, moi rupturista que constitúa unha autentica alternativa anticapitalista. Herminio reclama que dende a esquerda debemos actuar criticamente, radicalmente, revolucionariamente, conscientes que o educador tamén precisa ser educado. Un testamento extraordinario que remata con estas palabras: «A educación e a cultura non só deben ser alicerces para a toma de conciencia política e moral. A educación e a cultura son armas ao servizo do cambio político e da revolución.»
Tamén é moi recomendable o vídeo de presentación da exposición de Brais Pinto, no que ao remate intervén Herminio Barreiro.
Trackbacks y pingbacks
[…] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Filipe Diez and Fulano, b.. b. said: RT @bretemas: «Herminio Barreiro: "Refundar a educación para refundar a esquerda"», vídeo no blog, http://bit.ly/9p8RWc […]
Los comentarios están desactivados.