RAG, beizóns!
Síntome orgulloso de pertencer a un país que ten institucións propias como a Real Academia Galega. Xa expresamos a nosa opinión sobre os contidos do seu documento de análise das «Bases do decreto de plurilingüismo», un texto que pasará á historia de noso. Abondan poucos adxectivos: firme, rigoroso, delicado, extraordinario! Os membros do plenario da RAG, e especialmente os redactores que sintetizaron as achegas de todos os membros da institución (segundo os medios xornalísticos Xosé Luís Axeitos, Víctor Freixanes, Manuel Rivas, Francisco Fernández Rei e Xesús Ferro Ruibal), merecen as nosas maiores beizóns.
O informe é unha xoia. Qué alegría levei hoxe!!
Resultou curioso escoitalo a vostede onte na Radio Galega (creo que así se chama, Galega) contra un par de tipos ben curiosos, un deles xornalista andaluz (dígoo polo acento) que pretendían darlle estopa á Academia Galega. Pensei que non habería moitos países normais no mundo onde un medio público fose usado por xente para desprestixiar o idioma dese país e dese medio público, pero ultimamente nese medio abundan os estómagos agradecidos, os bandullos agradecidísimos. Polo medio escoitei un comentario de Carlos Caneiro, e non sei porque me acordei agora del…
A “longa marcha”, disimulen, iniciada con Del Riego e Barreiro, está dando os seus froitos: A Academia está no seu sitio: onde non estivo nos anos oprobiosos de García Sabell, presidente, e Delegado do Goberno.
E que siga habendo motivos para que furrule o beizonómetro 😉
Leo o comentario de “Fran” que, sibilinamente, intenta relacionarme co sintagma “estómagos agradecidos”. Podería sinalar en que fundamenta vostede tal criterio? A qué poder debe agradecerlle Xosé Carlos Caneiro algún tipo de dádiva ou prebenda? Na Radio Galega colaboro dende hai máis de sete anos, estiven co goberno Fraga, co bipartito e co actual; no que fai referencia aos medios públicos. Con La Voz de Galicia, medio privado, levo traballando hai preto de quince anos. Os premios que gañei, outorgáronmos todos baixo plica e, recordo, que só teño o Premio da Crítica a unha obra xa publicada (“Un xogo de apócrifos”); moitos dos meus compañeiros de oficio, algúns moi significados, non poden dicir o mesmo e acumulan galardóns adosados aos seus nomes, non ás súas anónimas obras. Non recibo subvencións para organizar eventos, como outros, nin doutra clase. Estiven durante anos apartado de calquera concesión pública, sexa conferencia ou recital. A anterior Consellería de Cultura só me invitou a unha coferencia en Berlín e dispuxo dun dos meus contos para editar con Renfe, nos catro anos da súa xestión (¿coñece vostede a facturación de intelectuais menos incómodos?). Tamén fun invitado a Cuba, e non acudín. Nos 16 anos de Fraga conto cos dedos da man as miñas intervencións pagadas con peculio público, a pesar de ser un autor que ata o ano 2000 gañara os premios literarios máis relevantes do país (reitero, baixo plica) e de estar traducido a varias linguas. ¿Podería vostede explicitar por que son un estómago agradecido? ¿Agradecido a quen? A miña independencia, tamén a miña soidade, fanme obxecto de imprecacións como a súa, francamente mal intencionada. Prégolle que matice e argumente os seus comentarios. Eu, como ve, intento facelo a cotío. Atentamente.
Señor Caneiro, polo pouco que o teño lido e escoitado non penso que vostede sexa para nada un “bandullo agradecido”, pola contra sempre me pareceu unha persoa independente e cun “puntiño” ácrata.
Dentro da situación que estamos a vivir na actualidade, e que moitos creemos que supón un considerable retroceso para o prestixio social e o proceso de normalización no uso da nosa lingua, eu boto en falla unha maior implicación por parte dalgúns inviduos da “intelectualidade”, que moitos consideramos no “noso mesmo barco”
Igual vostede pasa totalmente do tema ou valora doutro xeito a actual conxuntura política arredor do galego, pero o que sí pediría é unha postura máis belixerante por parte daqueles, que coma vostede, teñen acceso aos medios de comunicación de masas e posúen a capacidade de crear opinión e de influir sobre a cidadanía.
Un saúdo.
Veña, Cañeiro, sincérate. A ti o que te gustaría ser é David Beckan. Segue a frotar a lámpada a ver se don Santiago cho concede.
Sr Caneiro: E a primeira vez k sei de vostede. Gustame o seu talante e a moderacion con k fala dende a sua liberdade. E animoo a seguir asi, k para eso vivimos nun pais libre.Un saudo
Caneiro: Lein os anteriores comentarios e, con certa pasividade, detecto un certo rexeitamento cara a tua persoa que non acabo de entender. Parece que privan as maneiras de dar estocadas co a simpleza e finalidade de facer dano. Eu, que teño a sorte de coñecerte, ( seguro que non quen te critica de forma punzante) digo que o feito de estar no ollo do furacan trae como consecuencia estas tempestades. Non e critica o se que se fai, se non ferir por ferir, xa que o razonamento e baldio. Agrádame, dende a tua liberdade, o xeito que tes de botar po lo chan os argumentos (¿?) sen sentido que tes que driblar continuamente, como onte o Celta fronte o Atl. de Madrid (se non o digo revento). Eu, que non son intelectual, nin falta que me fai, pido un pouco mais de cordura neste blog, se é posible. Ben, voume que teño que cortar unhas leitugas.
Como se comentava: O Informe é tam bom que só poderia ser melhor se estivesse escrito em reintegrado XD