Onte 1840: Palmira in memoriam
Soubemos da noticia do falecemento de Palmira González Boullosa o pasado 9 de febreiro e da preparación dun acto de lembranza para o vindeiro mes de maio. Mestra, escritora e lectora letraferida, Palmira foi unha das pioneiras esquecidas da Literatura Infantil e Xuvenil galega, tanto polo seu traballo como folclorista. moi atenta a recuperación da tradición oral, coma polas súas sorprendentes novelas de fantasía, na mellor tradición artúrica. Deuse a coñecer cos seus volumes de folclorista para os picariños, Adiviñas (1985), Mentiras (1986), Arrolos (1986) e ¿Quen panda? (1986), publicados por Galaxia na súa colección Tartaruga, que tanto e tanto utilizamos nas nosas clases de Preescolar de finais dos oitenta. Gañadora da segunda edición do premio Merlín pola novela A princesa Lua e o enigma de Kián (Xerais, 1988), á que seguiu Brandón, fillo de Ferreol (Xerais, 1993),traballaba devagariño en Brixit e Xenevra, co que remataría a triloxía, que bautizou de Cumiodouro.
Xaora, en Xerais lembraremos sempre a Palmira por Cando o rei por aquí pasou (1997), un libro fermosísimo (hoxe unha auténtica alfaia de bibliófilos), no que antologou os seus cadernos de folclore galego de toda unha vida e ilustrou con fermosas mariquiñas da que era coleccionista. Sabemos que deixa un extraordinario romanceiro galego inédito, que non quixo publicar, desque algún crítico dubidou da existencia do xénero na nosa lingua. Poeta serodia, en 1992 obtivo o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón por Asoladamente, o teu nome. Comprometida sempre coa renovación pedagóxica, foi, xunto a Mari Luz Liste, fundadora do Colexio Andersen e profesora do centro até 1987, onde puxo en práctica boa parte das súas ideas educativas sobre a lectura. As súas guías de lecturas para o Nadal constituíron un modelo de colaboración do centro educativo e as familias no fomento da lectura. Mestra das pombas e das palabras, nunca esqueceremos as súas frecuentes preguntas reflexións nas nosas presentacións en Librouro ou na Casa do Libro. Lembrarémola con saudades. Con todos os abrazos para as súas fillas.
Soubem da notícia através doutra professora do Colégio Andersen, com grande mágoa. Palmira foi quem nos levou da mao ao mundo das letras. Lembro-a sempre à entrada da escola, cada manhá, saudando-nos polo nome, um a um, a todos os alunos de todos os cursos. O amor pola palavra vinha acompanhado dumha visom caleidoscópica do mundo: naqueles anos o Andersen tornara-se um exemplo de integraçom do alunado mais diverso. E o respeito pola terra, o idioma, as habilidades individuais, as singularidades de cada rapaz.
O meu pensamento está com as filhas, a quem mando um grande abraço.
Eu son unha das fillas de Palmira. Grazas polas túas palabras. O vindeiro 9 de xuño celebraremos unha homaxe pública a nosa nai, probablemente na Casa das Artes. Xa teredes información más concreta en maio. Saúdos. Alexa
Mi más sincero pésame a sus hijas Alexa y Maxa. Una gran maestra, totalmente vocacional y siempre con sus poemas, sus libros…ha dejado huella en todos nosotros, sus alumnos.
Gracias Palmira…
Como tocado por una varita mágica…esa es la sensación que, ingenua y humildemente, siento al repasar mi infancia, e identificar el momento en que me crucé en su vida.
Un verdadero privilegio…