Ramiro Fonte, o libro dos amigos
O vindeiro sábado, 17 de outubro, ás 12:00 da mañá, no Auditorio do Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, homenaxearemos a Ramiro Fonte, con motivo do primeiro ano do seu pasamento. No acto presentaranse tres libros, as edicións dos seus poemarios derradeiros, Reversos e Xardín do pasatempo, e Ramiro Fonte, o libro dos amigos, unha obra colectiva na que rendemos tributo á memoria humana e literaria de Ramiro.
Moito merecida a homenaxe. Son grande admirador da sua obra, nomeadamente da Rocha dos proscritos, do inigualavél libro de memórias Os teus Ollos e daquelas espléndidos e coidadísimos artigos que escrebia na Nosa Terra . polos que coñecemos a Raul Brandâo e outros… Enorme contraste o trato da prensa galega acanda a sua morte, e a que lle dispensou, con enorme recoñecimento, o Jornal de Letras portugués… Cando vin aquela atención tan sentida… caíuseme a cara de vergonha…. Sr . Bragado: e il non haberia maneira de editalos, eses artigos, esas pequenas alfaias, o mesmiño q as que escrebeu no mesmo semanario Luisa Villalta? Merecíano , falo literariamente, os dous. Pese ao tempo pasado, e xa que unín os dous nomes… que a terra lles sexa leve. Parabéns pola homenaxe