Onte 1624: Decepción con Twitter
Dende hai máis dunha semana, despois de sufrir un ataque no que se incorporaron na miña cronoloxía de Twitter varios centos de perfís de forma automática, non podo enviar mensaxes directas nin chiar nin rechouchiar nin engadir novos seguidores nin incorporar novas entradas no meu listado de favoritos. Tentei solucionar o problema seguindo as indicacións do servicio de soporte de Twitter, modifiquei o contrasinal, reseteei a conta e desliguei as aplicacións asociadas até en tres ocasións. Mais o problema continúa sen solucionarse e cando intento publicar a conta reacciona coma se dunha petición automatizada se tratase ou unha actividade maliciosa. Escribín varios correos a Twitter procurando axuda, mais non recibín contestación ningunha. Ademais de expresar a miña decepción, non sei que hei facer.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir