Utilidade social da lectura
Traduzo unha frase de Alberto Manguel que deixa nun comentario agarimoso Txetxu Barandiarán:
- Creo que non existe unha forma eficaz de difundir a lectura que non pase pola conciencia da súa utilidade social; os políticos terían que explicar qué libros len para tomar as súas decisións. (Alberto Manguel; La Vanguardia, 29-04-2004)
Xustiño, xustiño, o mesmo que algúns propúñamos durante a campaña electoral…
Só posso aplaudir.