Era unha vez a escola

Coñecín hoxe a publicación de Érase una vez la escuela, o volume do noso amigo asturiano Carlos Lomas para escoitar o eco da escola na memoria literaria. En palabras do seu autor esta é unha obra na que convida “a unha viaje literaria polas historias finxidas e verdadeiras dos tempos xa afastados da infancia e da adolescencia escolares. Da man de escritoras e escritores de diferentes épocas e países, iremos ao encontro dos anos do colexio na literatura coa esperanza de atopar neses textos literarios sobre os contextos escolares non só emocións, saudades, malestares e críticas senón tamén algúns argumentos contra o espellismo nada inocente de pensar que en educación calquera tempo pasado foi mellor”. O volume contén gran número de fragmentos literarios sobre a vida escolar así como centenares de imaxes da escola doutrora, de escritoras e escritores, de manuais e enciclopedias escolares, de cadernos e de lapis, de pizarras, atlas e pupitres… Un libro, en definitiva, que ten unha pinta estupenda para os que gostamos da memoria da escola e da boa literatura.
Etiquetas:
2 comentarios
  1. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Ten, en efecto, moi boa pinta, sobre todo cando alguén por fin é capaz de soster, contra corriente, que é un espellismo pensar que en educación calquera tempo pasado é mellor. Celebro esta tese e mesmo considerar considerar nada inocente esa nostalxia. Tentarei comprala. Moitas grazas pola recomendación.

Los comentarios están desactivados.