Teresa Moure na libraría Pedreira
Chamoume moito a atención a cartela de convite á lectura que preside a libraría. Velaí a transcrición desas palabras precisas e tan valiosas, manuscritas pola propia Teresa:
Anda, non fiques aí tan lonxe… PASA! Así está mellor. Oes, ti quen es? Unha desas persoas que len canto canto lles cae enriba? Especialista en literatura? Ou só entras nas librarías de teres que facer un agasallao? TANTO TEN! Entraches! Non importa agora se es muller ou home, nov@ ou vell@, se prefires remexer polos andeis ou estás segur@ dos teus gustos. Esquece as preocupacións e olla ao teu redor. Eis os libros! Están feitos para ti, que les. Colle ao chou para te deixares seducir polas palabras. Emociónate, flúe, sopréndete, vibra, namórate… Aproveita o momento: le… GOZA!
“Hay libros
que non precisan
de ningun premio
para vivir.
Libros que, logo de leelos,
se acubillan no noso corazón
e quedan para sempre nel.
Libros que, ao leelos,
semella que temos descuberto
unha fonte de auga cristalina
esquecida nun esquecido xardín.
E corremos a ensinar ises libros
a alguén a quen amamos,
porque queremos que beba disa auga,
e que ise libro quede no seu corazón para sempre.
Mentre existan ises libros
que non necesitan de ningun premio para vivir,
que van dun corazon a outro,
galopando, ceibos,
seguiremos amando os libros”.