Premios da Edición 2006
O sábado 16 de decembro, no Salón Noble do Liceo Casino de Pontevedra, celebrarase a Noite da Edición 2006, na que se entregarán os Premios da Edición 2006 da AGE. Neste festa gremial dos editores galegos, Sabino Torres Ferrer (o máis veterano dos editores galegos en activo, responsable de Hipocampo Amigo e fundador da colección de poesía Benito Soto) recibirá o Premio á edición histórica galega e Isaac Díaz Pardo será nomeado presidente de Honra da AGE. Os finalistas dos Premios da Edición 2006, despois da presentación de candidaturas e primeira votación entre as empresas da AGE, son os seguintes:
- Premio Ánxel Casal ao Libro de 2006: Feismo. Destruír un país. A fin do territorio humanizado de Antón Baamonde e outros (DIFUSORA DE LETRAS); O bosque dos raposos aforcados de Aro Paasilina (RINOCERONTE); O suxeito postmoderno de Rebeca Baceiredo (GALAXIA); Os libros arden mal de Manuel Rivas (XERAIS) e Terra e nostalxia. Galicia rural de Gwendolyn Luo (BAÍA).
- Premio Lois Tobío ao Libro traducido de 2006: A posibilidade dunha illa de Michael Houellebecq, tradución de Isabel García Fernández (RINOCERONTE); Arthur e George de Julian Barnes, tradución de Xesús Fraga (RINOCERONTE); As aventuras de Pinocho de Carlo Collodi (KALANDRAKA) e Don Xoán (Contado por si mesmo) de Peter Handke, tradución de Luís Fernández Rodríguez (SOTELO BLANCO).
- Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado de 2006: A banda de Vilacendoi de Xulio Gayoso (KALANDRAKA); A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, ilustrado por Miguelanxo Prado (GALAXIA); Arquitectura popular de Galicia de Pedro de Llano, fotografías de Juán Rodríguez e debuxos de Alfonso Salgado (XERAIS); Carrilanos de Rafael Cid (XERAIS); Cogumelos de Galicia de Carlos Silvar, Marisa Castro e V. L. Román (A NOSA TERRA); O pirata metepata de Toño Núñez (BAÍA) e Smara de Paula Carballeira, ilustrado por Carole Hénaff (KALANDRAKA).
- Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil de 2006: A sombra descalza de An Alfaya (XERAIS); Corre, corre, cabaciña de Eva Mejuto (OQO); Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz (XERAIS) e Sari, soñador de mares de Marcos S. Calveiro (TAMBRE).
- Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial 2006< /span>: Biblos; Programa Libro aberto de TVG e Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor de 2006: Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC; Manuel Rivas e Teresa Moure.
Etiquetas: Premios_Edición_2006, AGE
Eu votaría isto:
Premio Ánxel Casal ao Libro de 2006: obviamente, “Os libros arden mal”
Premio Lois Tobío ao Libro traducido de 2006: calquera dos de Rinoceronte (non necesariamente os dous propostos)
Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado de 2006: “Arquitectura popular de Galicia”
Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil de 2006: como a “Corredores de sombra” xa lle van dar o ano que vén o Premio Nacional de LIX, opto polo “Sari” de Marcos S. Calveiro
Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial 2006: “Libro aberto” da TVG
Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor de 2006: Manuel Rivas, por suposto
O libro de Xulio Gayoso para mín non ten dúbida no apartado de Libro ilustrado.
Sería interesante para outros anos incluir un premio para a edición do mellor blog.
Pawley: lea “O suxeito posmoderno”, de Rebeca Baceiredo.
Obviamente.