Vidas exemplares no Bar Plaza
Magnífica foi onte a presentación de Vidas exemplares de Uxía Casal no centenario Bar Plaza de Ribeira. Numerosísimos amigos e amigas ateigaron o Ateneo Valle Inclán que con este acto iniciaba a súas actividades. Coñecín a Paleón e Tucho (entusiasmados os dous pola novela de Ameixeiras) e parolei un bo pedazo con Santi Páramo e Aida (dous compañeiros da facultade cos que non me atopaba dende hai vinte e cinco anos; vaia recorte da ediciónde compostelana de La Voz de Galicia de febreiro de 1981, de onte a hoxe!) e co ex-deputado Santos Oujo, entre moitos outros. Outra volta volvín apreciar o interese que as presentacións de libros poden ter para animar á lectura e tecer comunidade.
Na súa intervención Uxía Casal sinalou que nestes relatos pretendeu partir de situacións cotiáns para explorar a crueldade do mundo e propoñer a fantasía como unha realidade paralela. Suxerir e desacougar ao lector, creando atmosferas envolventes cun final inesperado, que revolcase ao relato, foron outras das súas pretensións. Uxía defendeu unha prosa inzada de musicalidade artellada sobre a economía de medios e a precisión lingüística (rememorando a cita de Patricia Highsmith: “todo o que sexa superfluo nun texto, sobra”). A pesar do ballón e do estado calamitoso da Vía do Barbanza volvemos para Sal máis contentos cun cuco.

Etiquetas: Uxía_Casal, Ribeira, Presentacións, Xerais
Que lástima non poder finalmente achegarme á presentación 🙁
O Ateneo Valle Inclán seguro que dará moito de si 😉
E o dos libros…, pois levalos aos bares éche unha moi boa cousa.
Amigo depósito: os únicos lugares onde se fai algo de cultura nos pobos de Galicia son os bares. Non é que sexa boa cousa: é a única cousa. Non sei se é triste, pero éche o que hai.
Lembro ese recorte, amigo Manolo, pero creo que non é do Correo: se non estou errado era da edición compostelana da Voz e nunhas entrevistas (Cara a Cara) que facía daquela L. A.Pousa, por onde pasaban a cotío escritores, estudantes, músicos (Milladoiro, etc.). Alégrome do éxito desa presentación de Uxía Casal e tamén de que me deas novas de Santi Páramo e Aida, bos rapaces, así os recordo, pois tamén debe facer máis de 25 anos que non nos vemos, como a outros moitos da tribu ribeirense e carreirana na que tamén militaba o Carreirán (Quico Cadaval) e Agustín e todos os demáis. Saúdos.
Mágoa non poder ter estado alí 🙁
Beixiños a Uxía
Marcos: corrixo o erro, trátase de la Voz de Galicia. Recordo aquela primeira semana de educación, como ben a recordará Santi, xa que coincidiu co 23 de febreiro. Cando Milans sacou os tanques en Valencia, nós aínda estabamos no Auditorio da caixa de carreira do conde nunha conferencia de Carlos Llerena (finado, despois nun accidente de tráfico) sobre “Educación e loita de clases”.
Meudeus, que bos contactos fixo Uxía entre a clase política ourensá mentres viviu naquela cidade… que flipe…
e vendo as fotos que me pasaron aínda me sorprendo máis.
Que fai o ex-deputado? A que se dedica? Que foi de todo aquel centro que hoxe tan ben nos viría?
Independentemente das apreciacións políticas, qué mágoa non estar no Plaza, non bicar a Uxía e a Carlos, non saudalo a vostede…
De todos os xeitos, Manolo, creo que hai unha ligazón pola que lle van dar unha pescoceira, 😉