![](http://photos1.blogger.com/blogger/2130/744/400/recorte.php.1.jpg)
O momento culminante da magnífica
conferencia de onte de
Pilar Pérez Esteve sobre as “Competencias lingüísticas no marco da Reforma Educativa” foi cando relatou a historia de
Gennet Corcuera, a
primeira española xordocega que chega á Universidade. Recordou que a
estudante comentara nunha
entrevista que o momento máis inesquecible da súa vida foi cando “comprendín que cada cousa ten o seu nome, foi coma romper unha cápsula de aceiro”. Poucas veces escoitamos unha referencia máis valiosa para explicar o valor da linguaxe para regular emocións e sentimentos, para entender como a lingua é a mediadora principal de todo tipo de aprendizaxes.